Page 8 - revista agaca 151_web
P. 8

8

               a fondo


                    Ámbito de aplicación

                    Cooperativas  con  domicilio  social  e  lugar  de  recollida  ou  elaboración  dos  seus
                    produtos en Galicia:

                    •  Que pertenzan aos sectores do leite e derivados, carne, froita, hortalizas ou viño.

                    •  Que desexen ofrecer un valor engadido ao consumidor, derivado da aplicación
                       dos valores cooperativos á súa actividade: participación dos socios, produción
                       local con potencial alcance global, respecto ao medioambiente, prezos xustos
                       aos produtores e produtoras, fomento do desenvolvemento ou conservación, do
                       medio rural etc.

                    Tipoloxía das cooperativas

                    •  Compradoras transformadoras.

                    •  Industriais.

                    •  Produtoras que destinen a produción obtida ou transformada por sí mesma na
                       súa explotación á venda directa no consumo.

                    En  todo  caso,  serán  cooperativas  cuxos  produtos  poidan  empregar  a  Marca  de
                    acordo coas condicións establecidas no Decreto 124/2020, de 15 de xullo, polo
                    que se regulan as mencións relativas á orixe ou procedencia galega no etiquetado,
                    presentación e publicidade dos produtos alimentarios.
   3   4   5   6   7   8   9   10   11   12   13