Page 7 - Demo
P. 7
neste sentido lles pode proporcionar a gura das OPL.Dende o meu punto de vista, a mellor xestión de excedentes é aquela que evita que estes se produzanEn calquera caso, se o sector, a través das OPL, identi ca algún tipo de ferramenta que consi- dere necesaria para levar a cabo unha mellor xestión dos excedentes, como é sabido, a Xun- ta de Galicia sempre está disposta a recibir esas propostas para estudalas e ver a maneira de levalas a cabo.C.G.- Por que, mentres o modelo cooperati- vo do norte de Europa asimilou con éxito o potencial do movemento cooperativo, cen- tralizando a produción e a industrialización nunhas poucas, pero potentes cooperativas, aquí resulta tan complexo?A.V.- É ben sabido que unha das eivas histó- ricas do lácteo galego é a súa atomización. Por iso non me canso de insistir na necesidade de unir esforzos para estruturar máis e mellor a cadea de valor. Neste sentido, as cooperati- vas desempeñan un papel fundamental. Pero teñen que ser os propios axentes os que ca- miñen nesa dirección. Dende logo, apoio por parte da Xunta non lles vai faltar.C.G.- Despois de dúas reunións cos distintos actores que integran o sector leiteiro en Gali- cia no marco do Plan de Fortalecemento do sector lácteo, é optimista de cara a acadar compromisos efectivos?A.V.- Son sempre optimista, dentro dunha orde. Nas xuntanzas que mantiven no marco deste Plan de Fortalecemento percibín boa vontade polas partes para avanzar en compromisos7a fondoque, por outra parte, xa se xeron efectivos nal- gún caso, como é o da industria en relación coa recollida do leite.Máis alá das declaracións que ás veces se fan por parte de determinados axentes do sector, que poden dar idea de certa discrepancia, o que percibo nas reunións de traballo é esa favorable disposición para traballarE non esquezamos que existe un marco xeral, o Acordo Lácteo acadado no conxunto de Es- paña –e propiciado pola Xunta e o Goberno Central–, que sentou as bases para ese enten- demento, e que, por moito que digan algúns, está a dar os seus froitos. Aí están, senón, o contrato homologado, o decreto de cesión de prezos ou o consenso fronte á banalización do leite como produto reclamo.Indubidablemente cómpre seguir avanzando, pero tampouco debemos menosprezar o que temos conseguido entre todos.C.G.- Describa dúas accións fundamentais para desatrancar o atoamento que vive o sector leiteiro.A.V.- Non comparto ese diagnóstico de blo- queo. Como digo, quero ser optimista, e para iso baséome no que percibo do propio sector, co que manteño un estreito contacto. E perci- bo, insisto, boa vontade e compromiso de tra- ballo, malia os atrancos, que evidentemente existen.Temos que ter presente, tamén, que estamos a falar de di cultades a escala mundial. E nese sentido hai variables que di cilmente pode- mos controlar dende Galicia, por moi boa dis- posición que teñamos.Non creo que existan receitas máxicas para afrontar as di cultades do sector. Se hai unha fórmula é a do traballo constante e a suma de esforzosPolo demais, non creo que existan receitas máxicas para afrontar as di cultades do sector. Se hai unha fórmula é a do traballo constante e a suma de esforzos, máis que a división. E niso seguirei insistindo mentres sexa conselleira.No128 - MAIO 2016

