Page 6 - Demo
P. 6

6a fondoSector lácteo:un debate a tres bandasO sector lácteo atópase, de novo, na encrucillada. A pro- dución coincide na necesidade de aumentar prezos, non no xeito de conseguilo; Industria, Distribución e Adminis- tración son reazas a entrar no debate pero achegan sina- turas de boa vontade cando saen propostas.A necesidade de gañar forza negociadora é recoñecida por todos pero,  guras de unión como as Organizacións de Produtores pasan pola discusión sen deixar pegada.Quixemos trasladar a percepción de tres axentes involu- crados ante a realidade do momento que vive o sector. Invitamos a participar á consellería do Medio Rural, a varias cooperativas representativas no sector por volume de actividade e a catro Industrias, aínda que, estas últi- mas, excepto unha, declinaron manifestarse.A CONSELLERÍA DO MEDIO RURALÁngeles Vázquez, ConselleiraCOOPERACIÓN GALEGA (C.G.).- Un dos prin- cipais obxectivos da creación das OP (Or- ganizacións de Produtores) é concentrar a oferta na procura dun equilibrio do sector. Actualmente non existe a ferramenta legal que esixa á Industria negociar os prezos a través das OP en lugar de negociar indivi- dualmente cos gandeiros. Como podemos modi car esta circunstancia?ÁNXELES VÁZQUEZ.- Por parte da Xunta de Galicia vimos traballando den- de hai xa tempo, en co- laboración co Goberno de España e cos propios axentes do sector, nese obxectivo de acadar unha maior estabilida- de e mellor estruturación deste eido produtivo. Nes- te sentido, a normativa está para impulsar, entre outras cousas, unha ne-gociación equilibrada entre as partes, pero non necesariamente a través da imposición.É evidente que o papel das OPL ten que ser o de negociar; a Administración non pode faceloÉ evidente que o papel das OPL ten que ser o de negociar –a Administración non pode face- lo–, pero tampouco se trata de impoñerlle á in- dustria ou á distribución unha determinada in- terlocución. Os produtores membros das OPL e os seus representantes han de facer un esforzo para agruparse e seren cada vez máis fortes. A lexislación dispón de ferramentas su cientes para facelo.C.G.- Outro aspecto clave para o éxito da  gura das OP é a xestión dos excedentes. Tampouco temos ferramentas habilitadas para este obxectivo. Chegaremos a telas?A.V.- Dende o meu punto de vista, a mellor xestión de excedentes é aquela que evita que estes se produzan. Para isto, as OPL poden ter entre as súas  nalidades a de garantir que a produción se plani que e se axuste de acordo coa demanda, tanto no referente á calidade como á cantidade. Polo tanto, ao igual que no caso da pregunta anterior, é imprescindible que os produtores coñezan as vantaxes que


































































































   4   5   6   7   8