Page 50 - Demo
P. 50

50noticiasViña Costeira, Acio de Bronce na XXVII Cata dos Viños de GaliciaColección 68, presentado tan só uns días an- tes da cata, obtivo o 3o posto nos viños da D.O. Ribeiro na vixésimo sétima edición da Cata dos Viños de Galicia, que tivo lugar en xuño, promovida pola Consellería do Medio Rural e do Mar.Trátase dun viño branco que une treixadura con pinceladas de albariño e godello.Concursaron 215 viños procedentes de 137 adegas das 5 denominacións de orixe gale- gas: 40 da D.O. Rías Baixas, 21 da D.O. Valdeo- rras, 29 da D.O. Ribeira Sacra, 15 da D.O. Mon- terrei e 32 da D.O. Ribeiro, da que procede Viña Costeira.As cooperativas Agris e Poluga aproban fusionarseAs cooperativas lucenses,Agris (Friol) e San An- tonio de Pol (Pol) aprobaron na Asemblea do 25 de xuño, o inicio dun proceso de fusión, que culminará o 1 de outubro de 2015, co obxec- tivo de “servir como instrumento de mellora económica e social das explotacións socias”. A actividade principal de ambas cooperativas é a de primeiras compradoras de leite.Unha vez unidas, as entidades operarán baixo o nome de Agris e o resultado da fusión con- tará con 950 explotacións socias e máis de 50 traballadores.EFA Fonteboa celebra agraduación de 30 estudantesO 13 de xuño, EFA Fonteboa clausurou o Curso 2014/2015 cun acto para honrar aos alumnos que rematan a súa Formación Profesional (FP) —18 do Ciclo Formativo de Grao Medio de Pro- dución Agropecuaria e 12 do Ciclo Formativo de Grao Superior de Xestión e Organización de Empresas Agropecuarias—, e destacar os valores institucionais do centro, que cumpre 40 anos.Na celebración destacáronse iniciativas em- prendidas polos alumnos: a instalación da Sala Feiraco; a organización dun concurso con Carrefour; a constitución da “Área de Ex- perimentación Vexetal” con Cutilagro, empresa de distribución e plantel hortícola; a creación da Finca–Escola do Lúpulo, coa cooperativa Lutega, e o arranque da plataforma tecnolóxi- ca do millo no contorno do Centro, con Dekalb Monsanto.Os programas da TVG “O Agro– Labranza”, polo labor divulgativo sobre o sector agrario e o rural, e Autocares Rey Varela, por 40 anos de servizo ao Centro, recibiron recoñecementos no acto.noticias


































































































   48   49   50   51   52