Page 49 - Demo
P. 49

49noticiasUn estudo destaca as capacidades antitumorais de uvas, grelos, verzas e olivasAs variedades de uva albariño, caíño branco, loureira e mencía, os grelos, as verzas e a variedade de oliva denominada brava galega conteñen moléculas que evitan o crecemento de tumores e teñen propiedades antimetastáticas, segundo as conclusións derivadas do estudo desenvolvido polo Departamento de Farmacoloxía da Universidade de Santiago, dirixido polo doutor Freire Gara- bal, utilizando como base cultivos de células humanas afectadas por cancro de próstata e mama e que aínda segue aberto.Os resultados en laboratorio determinaron, nalgunhas das moléculas, efectos antitumorais superio- res aos dalgúns fármacos xa existentes para o tratamento destas variedades de cancro e, noutras, o potencial de previr a diseminación do cancro cara tecidos e órganos veciños.Por outra banda, o Grupo de Xenética, Mellora e Bioquímica de Brásicas – CSIC determinou que o envasado de grelos e verzas non diminúe os seus valores nutricionais.Tamén, que as verzas e grelos sementados en outono e recollidos nun estado xuvenil posúen maior capacidade antioxidante, presentan máis vitamina C.Viños de Condes de Albarei entran no turismo de alta gamaO albariño Pazo Baión foi elixido por Iberia como parte da oferta de viños que presenta aos seus viaxeiros en clase business e nas salas VIP dos aeroportos, logo de superar un rigoroso proceso de selección.A rede de Paradores de Turismo, á súa vez, incluíu aos albariños Condes de Albarei e Condes de Albarei Enxebre na súa carta. A rede contara xa con viños da adega no Menú do Peregrino, que conmemoraba o 800 aniversario da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela.Por outra banda, a adega continúa co seu compromiso co medio ambiente mediante a reciclaxe de preto de 700.000 kg de refugallos en 2014.No124 - AGOSTO 2015noticias


































































































   47   48   49   50   51