Page 48 - Demo
P. 48

48noticiasEuropa descarta indicar a orixe do leite nas etiquetasUn informe elaborado polo equipo do comisario de Agricultura Phil Hogan indica que non é preciso mostrar a orixe do leite no etique- tado dos envases. A Asociación Europea de Industrias Lácteas, pola súa parte considérao “custoso e pouco demandado polo consumi- dor”.O documento indica que engadir a información, en xeral, bene cia a países de citarios pero prexudica a grandes industrias. Francia, Italia, Grecia, Reino Unido, Croacia e Eslovaquia apoiaron a medida en reunión do Consello Europeo; España e Alemaña non tomaron posición.A normativa actual de etiquetado voluntario deixa que cada rexión decida qué datos achegar. Galicia conta dende 2012 co selo “Ga- lega 100%”, promovido pola Xunta, que “distingue produtos lácteos galegos de calidade superior e garante a trazabilidade”.Asociacións reciben axudas para comprar maquinaria agrícolaA Xunta de Galicia aprobaba, o pasado mes de marzo, unha dotación de máis de cinco millóns de euros (co nanciados polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural – FEADER) en axudas para o fomento da utiliza- ción de maquinaria en réxime asociativo.Un total de 46 Asociacións (cooperativas e SATs) resultaron bene ciarias destes fondos, cos que a Xunta pretende incentivar no sec- tor agropecuario, o uso de maquinaria e equi- pamentos adquiridos en común, ademais da introdución de novas tecnoloxías no contorno rural.O Goberno autonómico considera que o fo- mento da maquinaria en réxime asociativo pode repercutir positivamente na redución das contaminación e no incremento da e - ciencia enerxética, das medidas de segurida- de no traballo e da racionalización dos custes de mecanización.Algúns tipos de oliveira autóctona están fóra dos bancos de xermoplasmaPor primeira vez se  xo un estudo en profun- didade das variedades autóctonas de oliveira en Galicia.A investigación incluíu unha descri- ción botánica das diferentes clases de olivei- ras agrupadas baixo a denominación “Brava Gallega”, así como un estudo molecular.O Grupo de Viticultura da Misión Biolóxica de Galicia – CSIC concluíu que, das 18 mostras estudadas, cinco non encaixan no Banco de Germoplasma Mundial del Olivo, polo que po- dería tratarse de variedades aínda sen des- cribir nin incluír en bancos de xermoplasma (bancos de sementes) destinados a conser- var a diversidade xenética dos cultivos.noticias


































































































   46   47   48   49   50