Page 12 - Demo
P. 12
12tendenciasDía do Cooperativismo Galego 2015: elixe cooperativismo, elixe equidadeO 4 de xullo, a Cidade da Cultura de Santiago foi escenario da celebración do Día do Cooperativismo Galego, organizado pola Consellería de Traballo e Benestar.A iniciativa reuniu a adultos coope- rativistas e a escolares de toda a Comunidade, nunha exaltación dos valores igualitarios e de responsabilidade social que caracterizan ao cooperativismo.O actor e humorista David Amor actuou como mestre de cerimonias, conducindo a xornada dun premiado a outro sazonándoa con múltiples acenos á tradición galega, como un peculiar dicionario “galego/avoa e avoa/galego”.Co gallo da celebración, entre- gáronse premios en diversas categorías, entre eles o da Mellor Iniciativa Cooperativa 2015, que recaeu en Delagro S. Coop. A entidade entrou a concurso co seu Centro Mul- tidisciplinar para fabricación, envasado e distribución e de fertilizantes, inaugurado o - cialmente o 25 de marzo nas Pontes de García Rodríguez (A Coruña).Xavier Taboada, presidente da entidade, recolleu o diploma acreditativo de mans de Bea- triz Mato, Conselleira de Traba- llo e Benestar, quen resaltou o “pouco usual” de entregar o premio a unha cooperativa de segundo grao, aínda que espe- ci cou que é “merecido, polas boas cifras e resultados que está obtendo e que é previsible que manteña”.

