Page 10 - Demo
P. 10

10opiniónFreo aos abusose impulso ao sector lácteoXa vai alá o primeiro trimes- tre sen cotas lácteas e o ba- lance non pode ser máis des- alentador. Atopámonos ante un mercado lácteo globaliza- do, onde o mercado español forma parte da cadea de va- lor a nivel da Unión Europea ocupando, por momentos, unha posición de sumidoiro de excedentes dos grandes países produtores.A obrigatoriedade de asinar contratos a un ano entre os gandeiros e os compradores su- puxo un reto difícil de abordar, tanto pola parte dos gandeiros, como pola dos compradores. Non hai cultura de contratos.Unha implantación gradual dos contratos a un ano será mellor que establecer unha duración obrigada á que os operadores non están habi- tuados e que os mercados dinamitan a través da volatilidade.O principal problema dos contratos é saber qué pasa cando non se cumpren por unha das partes, especialmente pola máis forte e poderosa.Agora sabemos que a xestión dos propios contratos non é nada fácil: é imposible que o gandeiro poida lograr o cumprimento dun contrato sen recorrer á xustiza ordinaria. Este feito converte ao contrato nun búmerang que pode eliminar os gandeiros que esixen o seu cumprimento, mentres a xustiza pode tardar anos en obrigar ao comprador a compensar o abuso realizado.Non hai cultura de contratos. Mellor unha implantación gradual a un ano que unha obrigatoria, dinamita- da pola volatilidade dos mercadosDende a Unión de Cooperativas AGACA, en representación de cooperativas socias, denun- ciamos, ante a Axencia de Información e Cali- dade Alimentaria (AICA), a un comprador que exercita prácticas non amparadas pola lexisla- ción coas cooperativas provedoras.Como moito, quen non cumpra coa norma será sancionado ao  nal do proceso, pero, re- sarcirase a quen sufriu o abuso penalizado? Isto é todo o que dá a normativa. Non é su - ciente. Non resolve o problema.Agora sabemos que é imposible lograr o cumprimento dun contrato sen ter que recorrer á xustizaEstamos obrigados a afondar na lexislación sectorial: próxima á realidade, áxil, xusta e que facilite a profesionalización do sector.Nunca nos atopamos con menos ferramen- tas de xestión do mercado lácteo nun contor- no tendente á desregulamentación crecente onde os diferentes elos da cadea están inmer- sos nunha defensa individual e insolidaria dos seus intereses sen ningunha proposta para co- hesionar ao conxunto.As rendas que acadaron os gandeiros hai un ano —no mellor dos casos— tórnanse vulne- rables e insu cientes de cara a unha sostibili- dade económica e social da actividade para unha gran porcentaxe dos mesmos (20%-30%).O contorno económico vén poñer coto ao cre- cemento razoable do sector, limitado por unha Industria que non ten capacidade para trans- formar produtos de alto valor engadido. Hoxe, hai gandeiros que cobran o leite con diferen- zas de prezos superiores ao 30%, sendo veciños do mesmo pobo.Unha industria sen capacidade de transformar produtos de valor enga- dido limita o crecemento do sectorEn paralelo, fálase de deslocalización da pro- dución láctea e do perigo que isto supón para os gandeiros galegos, ao atoparse lonxe dos principais puntos de consumo de España.ContratosSen dúbida o contrato axudou a darlle certa transparencia e estabilidade ao sector. Porén, a súa xestión está resultando complexa e, na realidade, os propios sistemas de indexación de prezos apenas se están aplicando.especial opinión


































































































   8   9   10   11   12