Page 11 - Demo
P. 11
Non desexamos denunciar aos operadores que saltan as normas establecidas; se en algo temos tradición AGACA e as cooperativas é na busca de consensos, acordos, concordia, ”sentido común”, entre os operadores do sec- tor. Porén, a lexislación está para o que está, e se algunha cooperativa de gandeiros necesita do noso apoio, alí estaremos: acompañando, aconsellando, axudando e prestando apoio.Como podemos facer unha xestión razoable da oferta láctea que evite abusos no sector? ¿Temos ferramentas su cientes no Paquete Lácteo para realizar esta xestión da oferta? Na práctica, parecen que deben ser necesarias normas complementarias, ou cambios do mes- mo, para poder xestionar a oferta láctea.OPsHai varias Organizacións de Produtores (OPs) constituídas, aínda que non son capaces de ser operativas. A maioría das OPs están cons- tituídas para negociar as condicións do con- trato pero nin os asinan nin regulan a oferta láctea, pois non teñen capacidade operativa real para controlar a oferta. Para que serven?As OPs deben concebirse como entes comer- cializadores,con capacidade operativa real de xestionar a oferta e de actuar conxuntamente na transformación e industrialización do leite.Hai seis anos que vimos re exionando, ante as administracións, sobre a necesidade de enfo- car ás OPs como entes claramente comercia- lizadores, con capacidade operativa real de xestionar a oferta e de actuar conxuntamente na transformación e industrialización do leite.Ollo! Sen cotas lácteas, xestionar volume é tan importante como xestionar prezo. Parece que as administracións están dispostas a facer algo e a concentración da oferta é básica.Hai que elevar as esixencias para ser primeiro comprador, revisar a distribución das axudas directas, incrementándoas aos gandeiros so- cios dunha OP ou EAP, e apoiar os investimen- tos para gandeiros de OPs, no PDR (Plan de Desenvolvemento Rural).Así, si merece a pena volver intentar a integra- ción cooperativa láctea e impulsar as OPs.DistribuciónCoa volatilidade nos mercados en pleno auxe, a asimetría nas relacións da cadea láctea é máis evidente e pronunciada. A Distribución, dentro da cadea de valor, cada vez ten máis peso. Neste intre, os prezos de cesión do leite da Industria poden xerar grandes marxes co- merciais á distribución.A distribución non vende a perdas! Quen o fai é o gandeiro! A primeira pode lograr marxes comerciais superiores ao 25% entre o prezo de cesión da Industria e o prezo de venda ao pú- blico, mentres que o gandeiro perde cartos por cada litro que producen as súas vacas.A distribución non vende a perdas! Quen vende a perdas é o gandeiro! O leite obtense muxindo as vacas, non es- premendo aos gandeiros!Hoxe, máis que nunca, debemos berrar alto e claro: o leite obtense muxindo as vacas, non espremendo aos gandeiros! Como protexemos as marxes económicas dos gandeiros?PropostasUrxe impulsar a Interpropfesional Inlac e ache- gala a un ámbito máis profesional, máis opera- tivo e menos político para loitar contra o dum- ping de produtos lácteos do norte e do este de Europa, facer promoción do consumo de leite e, por n, impulsar o sector.Reitero unha das propostas sectoriais das cooperativas lácteas socias de AGA- CA: é necesario dispoñer dun marco estratéxico onde toda a cadea láctea se implique xunto coas administracións co n garantir rendibilidades básicas a todos os membros da cadea, de cara a atender o mercado español e, se fose necesario, para levar o leite sobrante ao resto do mundo.Higinio Mougán Bouzón11opiniónNo124 - AGOSTO 2015

