Page 33 - Demo
P. 33
• Transmitindo formación e información, tamén a axentes relacionados co sector (papel fundamental na transferencia tecnolóxica)• Representando a todo o sector.Así, en 2006, OVICA pon en marcha unha ADSG, ACIVO, de asistencia sanitaria a través dun servizo veterinario especializado en ovino e cabrún. Coa creación desta entidade consegue ofertar a posibili- dade de formar parte dunha agrupación de defen- sa sanitaria á totalidade dos gandeiros e gandeiras de ovino e caprino en Galicia.En 2012 actívase a Cooperativa Vélaro S. Coop. Ga- lega. O principal motivo da súa creación era rede- nir o modelo de comercialización apostando pola calidade dos produtos dos gandeiros e gandeiras evitando as canles de distribución que non apoian a diferenciación na produción de carne de cordeiro e cabrito.En 2015 créase a marca de garantía colectiva “Pas- tores de Galicia”, que aglutina a todo o sector e pre- tende recoñecer o valor e a calidade do cordeiro e cabrito producidos en Galicia, sobre a base dun sistema de manexo extensivo ou semi-extensivo, coa cría mamando da nai durante o ciclo de cebo men- tres esta pasta libremente polas praderías e pasteiros dispoñibles na granxa, nalizando nas últimas sema- nas do ciclo con cereais ou penso para obter o pun- to óptimo de engraxamento.A aprobación do Regulamento de uso da marca por parte da Dirección Xeral de Industrias Agroalimenta- rias dependente da Consellería do Medio Rural, en decembro de 2015, permitiu dar os primeiros pasos durante 2016 á pedra angular na que debe cons- tituírse esta ferramenta de comercialización que busca recoñecer de nitivamente o valor do “año e cabrito do país” producidos en Galicia dun xeito artesanal e propiciar a profesionalización de todo o sector. Así, gandeiros e gandeiras conseguirían dis- poñer dunha maior renda coa que seguir investindo nas súas granxas.33caderno técnicoConclusiónDanse todos os elementos favorables para que o sector ovino e cabrún poida desenvolverse dun xeito sustentable en Galicia, enchendo un oco baleiro de cara á protección contra os incendios e ao respec- to ao medio ambiente, xerando ao mesmo tempo, unha alternativa produtiva, actualmente de citaria tanto a nivel galego, como europeo.Autores:- Eloi Villada Legaspi.Presidente da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes.- Carlos Rodríguez Rodríguez.Enxeñeiro Agrónomo. Técnico de OVICA(Asociación de criadores de ovino e caprino de Gali- cia e Pastores de Galicia).No132 - Marzo 2017

