Page 32 - Demo
P. 32
32caderno técnicoRecuperación da actividade pecuaria na comunidade MVMC Meira (Moaña)de carne pódese realizar unha instalación desde cero (sen terra, animais ou instalacións) cunha boa adecuación das axudas á incorporación, sendo un sector de oportunidade para a xente que retorna ao rural.• Mellorar os sistemas de manexo empregados en moitas ganderías. Para poder mellorar e adaptar o sistema de manexo de moitas ganderías, os plans de mellora deben dispoñer de todos os investimen- tos necesarios para poder realizar a transformación, doutro xeito non haberá opción para aqueles que desexen modernizar as súas ganderías.O sector ovino e cabrún galegos están a sufrir cam- bios e adaptacións; debe adquirir maior importan- cia dentro da economía gandeira galega debido á profesionalización das explotacións. A visión tradi- cional do gando ovino e caprino como unha produ- ción pouco valorada, secundaria e complementaria debe cambiar, constituíndose como unha alternati- va máis, realizando un aproveitamento sostible dos recursos naturais, moi bene cioso para o medio na- tural e o desenvolvemento do medio rural.Asociacións, base estrutural e de profe- sionalización do sector:OVICA, ADSG-Acivo, Vélaro S. Coop. Ga- lega e Pastores de GaliciaNo papel de asesoramento integral á xuventude que se incorpora ao rural, OVICA sempre desempeñou un papel fundamental. A “Asociación de Criadoresde Ovino e Caprino de Galicia” (OVICA) é a primeira e única asociación galega que agrupa a persoas produtoras de gando ovino e cabrún procedentes de toda a Comunidade Autónoma de GaliciaOVICA foi constituída por trece gandeiros, algúns de- les técnicos, en abril de 1994, como resposta a inque- danzas sectoriais e produtivas de persoas que con- aban nas posibilidades do sector dende un senso económico e como alternativa de desenvolvemento e valorización do medio rural. Un primeiro paso cara a unha futura organización dentro do sector.OVICA foi sempre un axente dinamizador do sector ovino e caprino e impulsor da súa estruturación e desenvolvemento en Galicia mediante estruturas asociativas que a anzan a sanidade, a comerciali- zación e o apoio técnico. A principal repercusión no sector é a contribución ao desenvolvemento rural dende un punto de vista global e integrador:• Evitando o despoboamento do medio rural axu- dando a manter a poboación ocupada, en especial nas zonas de interior e da montaña.• Permitindo un aproveitamento dos recursos natu- rais, mantendo así a conservación dos espazos rurais e ao mesmo tempo, obtendo unha produción cárni- ca de ovino e caprino de calidade.• Prestando servizos especializados ás persoas aso- ciadas e impulsando outras entidades asociativas estruturadoras do sector.

