Page 8 - Demo
P. 8

8
a fondo
En Galicia cóntanse máis de 7.000 entidades, entre cooperativas, sociedades laborais, confrarías, cen- tros especiais de emprego, empresas de inserción, SAT (Sociedades Agrarias de Transformación) aso- ciacións, fundacións e mancomunidades de montes veciñais en man común, segundo datos da Secreta- ría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia.
En tanto que estimula a creación de emprego esta- ble e de calidade a través do desenvolvemento em- presarial consolídase como un sector clave, cada vez con máis peso institucional.
O proxecto
O proxecto LACES sustentarase en catro piares, catro laboratorios piloto, orientados a:
• Identi car as oportunidades de negocio en sec- tores emerxentes aproveitando os recursos endóxe- nos. Dentro das accións previstas destacan a posta en marcha dunha unidade de recursos interactivos para o deseño e maduración das oportunidades de negocio que inclúe un estudo de identi cación de necesidades e un servizo de resolución de dúbidas,
para os emprendedores.
• Difundir e comunicar as posibili- dades creativas da Economía Social como xeradora de empresas de calida- de, ben adaptadas ao novo contorno social. Activarase unha rede colabora- tiva de intercambio de ideas e procura de colaboracións.
• Crear e consolidar empresas. A tra- vés dunha rede de centros transfrontei- rizos establecerase unha aceleradora de novos modelos de negocios, tamén de espazos temporais e itinerantes de emprendemento: pop-up para testar proxectos empresariais.
  Catro laboratorios piloto orientados a poñer en marcha novas es- tratexias de promoción e apoio á economía social nos sectores emerxentes e a modernizar os máis tradicionais
 























































































   6   7   8   9   10