Page 7 - Demo
P. 7

Ana Vence Campo Capela.As cooperativas de viño teñen claro que repetirán participación; non así as de horta e queixos, xa que no intre de realizarse este artigo aínda están abertos os prazos das candidaturas e algunhas das coope- rativas enquisadas confesáronnos certa incerteza sobre a selección da persoa que presentarán como candidatas. Nalgúns casos está sen determinar se a cooperativa vai presentar a alguén. Queda, entón, un camiño por percorrer noutras D.O. e I.X.P. como as de castaña de Galicia, de pemento do Couto ou dos queixos, entre outras.Este ano corresponde realizar a convocatoria de eleccións para a renovación dos órganos de gober- no dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras; do Consello Regulador das indi- cacións xeográ cas das Augardentes e Licores Tradi- cionais de Galicia; dos consellos reguladores das de- nominacións de orixe protexidas Arzúa-Ulloa, Queixo Tetilla, San Simón da Costa, Cebreiro e Pemento de Herbón; dos consellos reguladores das indicacións xeográ cas protexidas Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago, Pemen- to do Couto e Pemento da Arnoia, e do Consello Re- gulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.Dos vinte e cinco consellos reguladores constituídos na actualidade, catro quedan fóra desta convoca- toria por motivos basicamente de carácter técnico. Son as Indicacións Xeográ cas Protexidas (IXP) Pe- mento de Oímbra, Pemento de Mougán, Lacón Ga- llego e Ternera Gallega.O consello regulador da IXP Ternera Gallega está in- merso no proceso para rexistrar unha nova Indica- ción Xeográ ca que protexerá a carne de vaca e boi de Galicia. Suporá, polo tanto, a creación dun novo consello regulador que substituirá ao actual e que xestionará, en conxunto, as dúas indicacións xeográ-  cas de carne de vacún de Galicia.As IXP Pemento de Oímbra e Pemento de Mougán non participan por ter sido as de máis recente cons- titución e, de momento, funcionan como órganos provisionais co cometido de poñer en marcha estes selos de calidade. No caso da Indicación Xeográ ca7a fondoProtexida Lacón Gallego están pendentes de realizar algúns cambios na súa normativa reguladora.Por que é importante que as cooperativas presenten candidaturas nestas eleccións?• “Sempre é importante estar representados, porque dende dentro é o único xeito de cambiar cousas”Ana Vence, Campo Capela.• “Na IXP Mel de Galicia non haberá censos para cooperativas nas vindeiras eleccións. As cooperati- vas  guran no censo de industrias como envasado- ras. No anterior consello regulador si había censo de cooperativas”.Suso Asorey, Erica Mel.• “Nas candidaturas é onde se xogan os intereses de todo o sector e, como parte importante do mesmo, cómpre que velemos polos nosos propios intereses”.Alfredo Vázquez, bodega Jesús Nazareno.• “As cooperativas representan as voces de moitas familias e axudan á con guración dun modelo ga- rante do relevo xeracional e rendible para os agri- cultores.Estar presentes nos Consellos Reguladores permíte- nos velar polos seus intereses, contribuíndo a que a voz dos viticultores sexa escoitada. Estas familias son parte imprescindible do substrato humano que con- forma a denominación de orixe”.Juan Vázquez, bodega Martín Códax.• “É importante para que participen na comercializa- ción e para que non se produzan actos fraudulentos de ningún tipo”José Luis Lamas, SAT Queinaga.Alfredo Vázquez Bodega Jesús Nazareno.No133 - Mayo 2017


































































































   5   6   7   8   9