Page 32 - Demo
P. 32
32caderno técnicoEn particular, para este último caso sería dese- xable a promoción de servizos de asesoramen- to especí cos que compaxinen a busca de terras co apoio ao desenvolvemento do plan de negocio agrogandeiro ou agroalimentario. Isto é especialmente relevante nas zonas onde non existe demanda actual, pero existen boas condicións produtivas potenciais.Neste capítulo de propostas tamén se inclui- rían a creación de servizos de mediación na transferencia de explotacións completas (ban- co de explotacións agrarias), xa existentes en países como Irlanda8 ou Francia. Ocuparíanse de poñer en contacto e asesorar parachegar a un acordo satisfactorio a agricultores que se xubilan sen rele- vo familiar e persoas interesadas en incorporarse á actividade agraria. Podería estar ligado ao Banco de Terras.Outras medidas de utilidade po-den ser o aumento e reforzo dosservizos e ferramentas de me-diación nos mercados de terrasrústicas, de xeito que se reduzanas di cultades de preparar epechar as operacións de com-pravenda ou arrendamento; adifusión da información característicade mercado, en especial a de prezos e a súa relación coa tipoloxía de parcelas, para de nir un marco de negociación máis transparente e e ciente; a mellora da información sobre o marco legal e institucional da transferencia de terras, tanto por compravenda como por arrendamento, así como doutros instrumentos relacionados (Banco de Terras de Galicia, per- mutas... ). Esta última podería complementarse con servizos especí cos para o asesoramento xurídico en transaccións de terras agrarias.Agora ben, na procura dunha maior e cien- cia, as medidas antes mencionadas deben axustarse ás diferentes realidades territoriais: a mobilidade de terras e os obstáculos que a di cultan teñen un comportamento distinto en diferentes áreas do territorio. A expansión das unidades territoriais do Banco de Terras de Ga- licia tería, sen dúbida, bene cios nese senso.Esta expansión podería facerse a través da co- laboración con outras entidades e/ou organi- zación de carácter sub-rexional.Axuste dos mecanismos existentesDada a estrutura da propiedade extremada- mente fragmentada que caracteriza o terri- torio de Galicia, o arrendamento é, con toda probabilidade, o mecanismo cunha maior ca- pacidade de expansión. Así, parece razoable pensar, á vista dos resultados deste traballo, que as medidas de impulso ao arrendamen- to terán mellores resultados que as dirixidas a incentivar a compravenda. Particularmente,as medidas conducentes a favorecer os arrendamentos formais mellorarán a súa e - cacia nas situacións de maior risco para o produtor (asociadas a investimentos de certa envergadura). En cal- quera caso, tanto do lado da demanda como do da oferta, pódense arti- cular incentivos nalgunhas situacións semellantes aos xa existentes no caso dascompravendas e que teñen, para ese mecanismo, un im-pacto limitado.Por outra parte, é posible potenciar o uso dou- tros instrumentos complementarios para a me- llora da estrutura parcelaria como as permu- tas ou a reorganización do uso da terra, que non requiren grandes modi cacións físicas do parcelario ou das infraestruturas e permi- ten superar, en parte, as limitacións estruturais presentes (como tamaño e forma de parcela) sen acometer grandes procesos de reforma. Por isto resultan razoablemente económicas e presentan un interesante potencial para a mo- bilización produtiva da terra. En moitos casos, mecanismos deste tipo xa están sendo utiliza- dos por parte de agricultores/as e gandeiros/ as, pero veríanse favorecidos polo acompaña- mento de entidades públicas ou privadas en aspectos legais e técnicos.8A destacar o caso irlandés do Land Mobility Service e o seu rol na busca de relevo non familiar nas explotacións de vacún de leite