Page 30 - Demo
P. 30
30caderno técnicorras, onde ademais de custos de información maiores,tamén é previsible un incremento dos de negociación e garantía. Cando o deman- dante é alleo ao sector (novo produtor/a), estamos nun caso similar aínda que proba- blemente exista unha di cultade engadida derivada da propia inexperiencia.- Finalmente, destacar os indicios xeneraliza- dos de que as persoas titulares de explota- ción non invisten moito na procura activa de novas super cies, así como a inexistencia de instrumentos consolidados que medien no uxo de información. O Banco de Terras de Galicia é un dos principais instrumentos con esa función pero segue sen ser o su ciente- mente coñecido, mesmo por parte dos agri- cultores demandantes, e os escasos medios humanos e técnicos cos que conta son insu - cientes para abordar o seu cometido teórico e impiden que teña un rol máis activo.En resumo, á vista dos resultados obtidos nes- te traballo, pode dicirse que a visión case tó- pica do mercado de terras en Galicia, que o de ne como pouco activo e caracterizado por prezos elevados, non semella demasiado afastada da realidade: Galicia ocupa un lu- gar entre os últimos postos de España e da UE en canto a taxa de transferencia anual pero entre os primeiros por prezo. Con todo, a aná- lise a escala municipal e parroquial revela diferenzas relevantes entre diferentes lugares do territorio galego, o que obriga a matizar as a rmacións xenéricas coas que —por veces de xeito precipitado— se tende a caracterizar este mercado. Os obstáculos que di cultan a mobilidade do mercado son diversos e os detalles do seu funcionamento son aínda es- casamente coñecidos.Propostas de acciónA alta mobilidade do mercado non é un n en si mesmo, pero pode promoverse para acadar obxectivos importantes para a so- ciedade. Neste apartado apúntanse algun- has liñas de acción e medidas para abordar a mellora da mobilidade de terras dende a perspectiva de protexer e poñer a producir as terras con vocación agrogandeira.Arrinque de cepas de piñeiro para recuperación de terreos agricolas, Castro de Rei - Verao de 2016