Page 18 - revista agaca 163_web
P. 18

18

               tendencias

                              AGACA leva a cinco estudantes


                             galegos a Turín para formarse en

                                       sostibilidade gandeira




               UpFarming é un proxecto que busca conectar o coñecemento teórico-práctico galego e
               piamontés sobre gandería. Nel participamos AGACA e a organización agrícola italiana CIA
               Agricoltori delle Alpi. No seu marco, cinco estudantes galegos de ciencias agrarias seleccio-
               nados pola Asociación galega viaxaron a Turín (Italia) en abril, para encontrarse con cinco
               homólogos italianos e formarse en materia de sostibilidade agrogandeira.

                                                                                      A delegación galega en Turín.
               Tras  a  primeira  actividade  en  Santiago  onde  se
               decidiron os requisitos das persoas participantes,
               AGACA escolleu cinco perfís: estudantes de Enxe-
               ñaría Agrícola e do ciclo de Xestión Gandeira, a
               maioría con explotacións gandeiras no territorio
               galego: Alba, Eloy, Andrea, Alejandro e Luciano. A
               representación de Confederazione Italiana Agri-
               coltori  delle Alpi  tamén  está  formada  por  cinco
               estudantes de campos similares con proxectos
               interesantes de gandería, agroturismo e vitivinicul-
               tura na rexión do Piamonte.                       rado en fases líquida e sólida posiciona esta
                                                                 alianza gandeira e enerxética nun modelo de
               O  grupo  comezou  a  súa  formación  teórica  nas   sustentabilidade a seguir e imitar.
               oficinas da Confederazione, a cargo de profe-
               sores e investigadores da Universidade de Turín.   Unha das granxas visitadas pertence a unha das
                                                                 participantes  do  proxecto.  Cría  vacas da  raza
               A formación versou sobre sostibilidade gandeira,   autóctona piamontesa e interconecta gandería
               análise teórico e práctico do ciclo de vida de    co proxecto Agroturismo Cascina Gorgia e Agri-
               produto, estratexias de mitigación e adaptación   brasserie  Cascina  Dujs,  de  restauración,  visitas
               climática na gandería, medidas e control da       guiadas  e  promoción  de produtos  agrícolas  e
               sustentabilidade e estratexias de comunicación.   gandeiros piamonteses.  A piamontesa é unha
               Incluíu saídas de campo a unha planta de          das poucas razas europeas (xunto coa ben
               biogás e a dúas granxas de ganado vacún (leite    coñecida azul belga) seleccionadas pola súa
               e carne).                                         hipertrofia muscular. Dócil, altamente rendible a
                                                                 nivel de alimentación (só forraxe nas nutrices),
               A planta de biogás da Cooperativa  Agraria        moi  adaptable á  estabulación  e  cun excelente
               Speranza, na rexión de Piamonte, asociada a       índice de conversión cárnico, a piamontesa é o
               unha granxa de Holstein con 250 vacas en muxi-    referente de produción cárnica da rexión. Todos
               dura, é un proxecto pioneiro de economía verde    quedaron prendidos da súa beleza e nobreza.
               no país. Cun mega de produción enerxética, crea
               enerxía para autoabastecerse e para vender a      De volta destes cinco días intensos, os seguintes
               un hospital próximo. Isto convirte aínda en máis   pasos do proxecto serán recompilar a informa-
               rendible a súa produción enerxética, pois o calor   ción e que cada grupo de estudantes a leve á
               que xera (e que adoita non ser aproveitada nestes   practica na súa rexión para, xa en 2024, poñer en
               modelos produtivos) abastece un centro externo    común o aprendido, en Santiago de Compostela.
               con auga quente para calefacción. Ademais de      UpFarming transcorre no marco do programa
               biometano, produce bioCO .                        europeo Erasmus+.
                                      2
               A materia prima usada na planta é o silo de millo,                  Diego Vázquez Miramontes
               mesturado con sorgo e palla de baixa calidade                 Técnico Departamento Calidade e
               non válida para o gando. A combinación desta                  Innovación Alimentaria de AGACA
               materia co uso do xurro da granxa anexa sepa-

                                  Nº 163 Maio 2023
   13   14   15   16   17   18   19   20   21   22   23