Page 6 - revista agaca 153_web
P. 6

6

               a fondo

                    Está Galicia promovendo efectivamente  a integración das cooperativas galegas?





                Comparativa entre Galicia e o resto de
                Comunidades Autónomas

               A que nivel está Galicia en comparación con
               outras Comunidades Autónomas en canto ás
               axudas ofertadas para promover a integra-
               ción de entidades cooperativas, Sociedades
               Agrarias de Transformación, Organizacións de
               Produtores e outras fórmulas asociativas? Son
               suficientes as iniciativas que ten activado a
               Xunta nestes anos co fin de fomentar a unión
               destas entidades para acadar unha dimen-
               sión empresarial cooperativa potente? Temos
               alcanzado  un  grao  asociativo  o  suficiente-
               mente relevante como para competir a nivel
               nacional e internacional con outras entidades,
               cooperativas ou non?

               Cooperativas  Agro-alimentarias  de  España  e o  Ministerio de  Agricultura, Pesca e  Alimenta-
               ción (MAPA) colaboraron na edición dun estudo que recompila as políticas de integración
               cooperativa desenvolvidas nas distintas Comunidades Autónomas (CCAA) nos últimos anos
               e desvela as diferenzas entre as Comunidades Autónomas nesta materia. Xa sabemos que
               as comparacións son odiosas, pero é inevitable, e tamén desexable, coñecer en que punto
               estamos e valorar se é posible mellorar. As conclusións parecen claras.

                Que son as Entidades Asociativas Prioritarias

               As Entidades Asociativas Prioritarias (EAP) de carácter agroalimentario son unha iniciativa estatal creada para
               fomentar a integración e/ou fusión de cooperativas e outras fórmulas de carácter asociativo coa finalidade
               de alcanzar unha maior dimensión e así favorecer a súa capacidade de negociación e competitividade.
               Nacen ao carón da Lei 13/2013 de 2 de agosto aínda que os requisitos para ser recoñecidas como tales
               desenvólvense no Real Decreto 550/2014 de 27 de xuño.
   1   2   3   4   5   6   7   8   9   10   11