Page 31 - revista agaca 151_web
P. 31

31

                                                                                         caderno técnico



                    EXTRAPASTO: ESTRATEXIAS PARA A COMPETITIVIDADE E A
                               SOSTIBILIDADE DOS PASTORES DE GALICIA


















               O proxecto EXTRAPASTO centrouse na procura do aumento da sustentabilidade e competitividade do
               sistema produtivo das explotacións de ovino e caprino de Galicia, mitigando os impactos ambientais e
               incorporando a loita contra o cambio climático. Con este fin desenvolvéronse novas tecnoloxías para o
               control, manexo e estandarización do sistema de produción, facendo énfase no mantemento do ecosis-
               tema autóctono, como base de marca de garantía Pastores de Galicia, baixo a cal se comercializan as
               canais dende finais do ano 2016.

               Para acadar a estandarización das producións segundo as tipoloxías produtivas existentes caracterizouse
               a carne da canal de ovino da marca Pastores de Galicia para os catro sistemas de produción tradicionais
               maioritarios: extensivo lactantes, extensivo destete, semiextensivo exterior e semiextensivo interior.


               As probas de  aplicación  no  campo  realizadas   leite materno e herba de pastoreo a libre disposición
               confirman  a súa posibilidade  de uso nas explota-  sen penso comercial).
               cións gandeiras de vacún.
                                                                 • Extensivo destete (Lote B):  Animais criados total-
               Para lograr competitividade desenvolveuse un      mente extensivo destetado (herba de pastoreo a
               sistema telemático que axuda ao aproveitamento    libre disposición sen penso comercial).
               dos recursos naturais mediante pastoreo.
                                                                 • Semiextensivo exterior (Lote C):  Animais criados
                Manexo e control dos animais                     semi-extensivo total (estabulación nocturna, pastoreo
                                                                 diúrno), animais non estabulados alimentados pola
               Escolléronse tres tipoloxías de explotacións diferentes   ovella con leite materno e suplementados con penso
               e formáronse lotes de 10 cordeiros, de cada unha   comercial.
               delas, para realizar o estudo. Todos os cordeiros foron
               criados coa súa nai, ata o momento do sacrificio, e   • Semiextensivo interior (Lote D):  Animais estabulados
               as nais saíron ao pasto todos os días. Durante ese   que non saen a pastar coa nai, pero son aleitados
               tempo realizouse o control dos animais, anotando:   por esta (mañá e noite) e suplementados con penso
                                                                 comercial.
               •  Día de nacemento
               •  Número do cordeiro                              Calidade da canal e da carne no
               •  Tipo de parto                                   sistema produtivo
               •  Peso ao nacer
               •  Pesos durante o desenvolvemento                Recompiláronse  datos  no  matadoiro,  rexistrando  o
               •  Peso vivo ao sacrificio                        peso, a conformación e o estado de engraxamento á
               •  Peso da canal, ademais doutros datos de identifi-  hora do sacrificio. Coas mostras realizáronse análises
                  cación.                                        que determinaron a valoración da conformación e
                                                                 do estado de engraxamento da canal e a determi-
               Os lotes estudados:                               nación da calidade da carne. Seguíronse métodos
                                                                 de análise físico-químicos, sensoriais e nutricionais.
               •  Extensivo  lactante  (Lote A): Animais  criados  total-
               mente  extensivo  lactantes (aleitados  por  nai  con

                                                                                                        Nº 151 Decembro 2020
   26   27   28   29   30   31   32   33   34   35   36