Page 10 - revista agaca 151_web
P. 10

10

               tendencias

                      «O sector da economía social ten que

                          estar o máis preto posible de onde


                      se toman as decisións que nos poden

                                  afectar, para poder influír»




                  Traxectoria profesional

                  «Levo 25 anos dedicado dun xeito ou
                  doutro ao sector da economía social.
                  Descubrina  no  Salvador,  en  Centro
                  América, nun proxecto de grupo
                  empresarial cooperativo, nun barrio
                  marxinal de San Salvador.

                  Profesionalmente, fixen a miña carreira
                  dende Algalia, S. Coop. Galega, unha
                  empresa cooperativa que ten como
                  misión contribuír a mellorar a xestión
                  e dirección no terceiro sector a través
                  dos seus servizos profesionais. En
                  Algalia ocupei numerosos cargos
                  ata o de actual xerente, dende 2009.
                  Algunhas funcións que desempeñei
                  foron a de asesor económico durante
                  10 anos e consultor de organizacións
                  durante seis, ocupando simultanea-
                  mente  o posto de  responsable  de
                  consultoría.

                  Na   actualidade,  ademais    das
                  funcións da dirección de  Algalia
                  cun cadro de persoal de 23 persoas,
                  asumo a  presidencia  do Foro pola
                  Economía Social Galega, organiza-                                 ENTREVISTA A
                  ción  integrada  en  CEPES  (Confede-
                  ración Española de Empresas de                               CELSO GÁNDARA
                  Economía Social).                                   Presidente do Foro pola
                                                                    Economía Social Galega
                  O que realmente dá sentido a todo o
                  que se fixo foi enmarcalo dentro dun
                  proxecto vital, onde a convicción de     Celso Gándara ten 48 anos. Nacido en
                  que se poden construír organizacións     Alemaña, é fillo e neto  de emigrantes
                  sostibles económica e socialmente
                  estivo moi presente, así como grandes    galegos orixinarios dunha parroquia preto
                  doses de entusiasmo, diálogo, ambi-      de Xinzo de Limia e é licenciado en Direc-
                  ción, esforzo e perseveranza».           ción e Administración de Empresas.
   5   6   7   8   9   10   11   12   13   14   15