Page 3 - Demo
P. 3

No mes de marzo celebrouse o segundo Con- sello Extraordinario de Ministros de Agricultura da Unión Europea (UE) destinado a avaliar a crise dos sectores lácteo, porcino, hortícola e frutícola. Segunda reunión extraordinaria en menos dun ano (o anterior foi en setembro de 2015), que certi ca o cialmente o erro nas políticas deseñadas dende a Comisión da UE sobre un mercado sen cotas lácteas. Dende a Comisión e as demais institucións europeas farán un enorme esforzo, incluso co apoio da case totalidade dos estados membros, por di- simular e non recoñecer a evidente situación do fracaso reiterado do chamado “paquete lácteo”, conxunto de normas tras a liquida- ción do sistema de cotas. Iso si, cada vez con- tan con menos cartos nos orzamentos para corrixir os danos ao sector produtor.Reforma tras reforma da Política Agraria Co- mún (PAC), as diferentes ferramentas de xes- tión dos mercados foron desmantelándose/ eliminándose en favor dun acordo comercial mundial, onde as grandes multinacionais  - nanceiras e de servizos europeas tivesen vía libre para conquistar novos mercados a cam- bio da apertura liberalizadora dos mercados alimentarios, sen avaliar que o acervo comu- nitario, a nosa maneira de facer os alimentos (benestar animal, protección medioambien- tal, seguridade alimentaria, ...), convértese nunha pesada carga lexislativa de obrigado cumprimento para a carreira competitiva á que queda obrigado o agricultor e gandeiro europeo.Desmanteladas as ferramentas de interven- ción dos mercados agrarios e gandeiros, a UE deposita nos propios operadores do mer- cado o desenvolvemento ordenado da pro- dución, transformación, comercialización e distribución dos alimentos aos consumidores.Cun desenvolvemento ordenado nun libre mercado é posible acadar resultados positi- vos nos países nos que a produción está ben organizada (poucas e potentes cooperativas que comercializan a maioría do produto) e a cadea perfectamente estruturada (poucas industrias con capacidade de xerar valor engadido e diferenciado, cunha distribución comprometida cun consumidor demandante de produtos do seu contorno rural). É evidente que estas condicións dan vantaxe competiti- va aos países do norte da UE, pero que poden xerar dependencia alimentaria no sur, precisa- mente, dos países e producións do norte.Como elemento regulador do mercado, a UE pon a disposición a lexislación sobre a com- petencia, elaborada para vixiar ás grandes empresas, na que os agricultores e gandeiros están sometidos ás mesmas condicións e re- gras que os enormes xigantes empresariais da enerxía, do automóbil, da distribución, ... Ben é certo que as normas agrarias contemplan as posibilidades de autoregulación, incluso de retirada de produtos. Dende AGACA insis- timos e loitaremos por unir ás cooperativas lácteas para aproveitar estas oportunidades. Iso si, unha autoregulación sumamente vixia- da polo dereito da competencia, limitada na operatividade, onde a voluntariedade dal- gunhas das partes do sector favorece o “sál- vese quen poida” no que se instalaron, e inclu- so se enrocaron, os que se consideran mellor posicionados.Cando todo está desorganizado e desestrutu- rado, só queda a posibilidade de organizalo voluntariamente, por convencemento e pre- visión de resultados, ... ou agardar a que as cousas pasen..., a pesar de que polo medio ocorra o que a gran maioría non desexamos que ocorra.Fracaso reiteradoCOORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma- quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No127 - MARZO 2016editorial


































































































   1   2   3   4   5