Page 3 - Demo
P. 3

Hora de facer os cambiosO fundador dos Jesuitas aconsellaba aos novos membros da Compañía non facer mu- danzas en tempos de tribulación. O consello nada tiña que ver co cambio de sede, pois tratábase de resistir aos embates dos pode- res terreais. Con esta estratexia  xéronse fortes fronte aos moitos avatares que tiñan que sor- tear. As grandes decisións non hai que toma- las cando a organización está atravesando unha gran crise, cando todo se torce. Ás ve- ces, as organizacións precipítanse, ou actúan máis movidas polo medo, a dor ou o impulso que pola razón e a lóxica da estratexia. Por suposto, a recomendación é aplicable a cal- quera tempo difícil de calquera organización, como os malos tempos de mercado que so- fren as cooperativas agroalimentarias de can- do en vez.Pois malos tempos foron os sufridos polo sec- tor lácteo, o porcino e mesmo o coello, entre outros, nos pasados 2015 e 2016. Durante estes anos eran moitas as cooperativas que empuxadas polos seus socios demandaban solucións estratéxicas, solucións radicais, para enfrontarse ao duro traxecto que nos impu- xeron, de xeito oligárquico, a distribución e os mercados. Iniciamos 2017 con certo alivio, con certa melloría e con tendencias positivas nos mercados en relación aos tempos prece- dentes. Sabemos que terán que pasar meses ata recuperar os niveis que nos faciliten unha vida digna para os que apostan e arriscan no medio agrogandeiro como xeito de vida.Pero a mellor tendencia nos mercados pode levar ao sector a amodorrarse ou a acomo- darse e desactivar de inmediato os desexos de cambio que se cultivaron nas épocas de grandes di cultades. A memoria do ser hu- mano é moi selectiva e trata de esquecer de inmediato os sufrimentos e agarrarse aos espellismos que os intermediarios trasladan con sutil habilidade ao sector, mediante a insistencia de aproveitar as oportunidades a curto prazo e esquecerse da lóxica sensatae coherente a longo prazo. Así, atopámonos con gandeiros que hai poucos meses solici- taban, ou esixían, que alguén —entre os que estaban as cooperativas— puxera en marcha solucións estratéxicas para un sector e que agora, cando se ofrecen propostas estratéxi- cas, vemos como se esquecen e agarran aos cantos de serea.Sabemos que hai moitos que pre ren acollerse ás mentiras reconfortantes que ás verdades incómodas.Agora toca organizar ben a integración da ofertaAgora toca facer os deberes a medio e longo prazo e non agardar a que as cousas come- cen a empeorar para plani car o futuro. Sabe- mos que hai moitos que pre ren acollerse ás mentiras reconfortantes que ás verdades incó- modas. Cando volvan os tempos difíciles a  la dos que se acheguen a criticar será in nita; numerosa a  la dos que regresen para suxerir solucións, e estará case que baleira a  la dos que estiveron prestos a facer cousas estratéxi- cas. Pero, dende os Consellos Reitores e direc- tivas das cooperativas debemos esforzarnos para que este pensamento non se converta nun hábito e nunha conduta sen máis.Agora toca organizar ben a integración da oferta. Temos que poñer todo da nosa parte para unha correcta xestión da cadea de valor nos principais alimentos que producimos, con implicación dos gobernos, da distribución, da industria e dos produtores. Por suposto, dentro destes deberes está a integración das coope- rativas e do correspondente dimensionamen- to das mesmas.Agora non podemos dedicar- nos a facer o de sempre; agora é o momento de buscar solucións organizativas innovado- ras. Falemos do que falemos, fagamos o que fagamos, sempre haberá alguén que non es- tará de acordo: a xente tóxica por natureza.Pensemos que se facemos o de sempre, te- remos os resultado de sempre.COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Maquieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L.TIRADA 7.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No132 - Marzo 2017editorial


































































































   1   2   3   4   5