Page 3 - Demo
P. 3
Lumes,
agro e cooperativas agroalimentarias
Os pasados días 14, 15 e 16 de outubro Galicia so- portou unha durísima catástrofe humana, material e ambiental con numerosas frontes de lume que nos deixou a todos os galegos cheos de rabia, impo- tencia e carraxe. A Unión de Cooperativas, Agaca, saíu aos medios de comunicación para lamentar tan tráxica situación, rexeitar e condenar a vaga de incendios desatada esa n de semana en diversos puntos de Galicia, con especial crueza nas provin- cias de Ourense e Pontevedra.
A nosa admiración a todas as persoas que espontaneamente demostraron a gran solidariedade da que somos capaces os galegos
Trasladamos a solidariedade e cariño das coopera- tivas agroalimentarias para cos familiares e amigos das vítimas mortais. Manifestamos a nosa admira- ción a todas as persoas que espontaneamente de- mostraron a gran solidariedade da que somos capa- ces os galegos en situacións tan delicadas como a que estaba acontecendo. E, nalmente, expresamos o noso recoñecemento tamén, ao grande esforzo que están a facer os profesionais que están a traba- llar sen descanso por apagar os lumes.
Que xemos mal os galegos? Como loitar contra esta praga endémica? Como evitar que volva a suceder?
Que xemos mal os galegos para que sucedera isto? Como loitar contra esta praga endémica? Como evi- tar que volva a suceder?
Non é fácil dar respostas a estas preguntas, e non imos pretender dar respostas aquí e agora, pois tráta- se dunha cuestión de moi amplo campo de opinión e actuación (cultural, educativo, forestal, medioam- biental, rural, agrario, gandeiro, demográ co, de or- denación e infraestruturas, psiquiátrico, sociolóxico, seguridade...).
Só unha consideración. Por desgraza, dende hai moitos anos as vagas de incendios foron obxecto do debate político máis encarnizado e desapiada- do polo gran efecto dos mesmos sobre a valoración
dos xestores por parte da poboación. Cremos que o problema é tan serio que Galicia xa debería ter aca- dado un mínimo consenso político e cidadán sobre as citadas preguntas.
Os agricultores e gandeiros saben que un territorio ocupado polos humanos, polo animais, polas collei- tas, polas viñas, polas hortas,...e en produción, di cil- mente corre risco das lapas, ou corre menos riscos, salvo os situados ao lado de territorio abandonado.
O chan abandonado normalmente ten moita máis biomasa (o combustible dos lumes), tende a estar desocupado de persoas e animais facilitando a ac- ción dos pirómanos e do lume. Galicia é a comu- nidade autónoma de España con menos super cie agraria útil, salvo Canarias. Por iso, a forestación de terras de uso agrícola, legal ou ilegal, debe ser deti- da e debatida.
En tempos onde o traballo para os mais mozos es- casea é necesario impulsar os aproveitamentos complementarios dos nosos montes: pequenos rumi- nantes (ovellas, cabras), resinado, vacas de carne, bestas, porcos etc, intercalando con outros cultivos tipo castaño, olivas, froitos vermellos, cogomelos, ru- tas turísticas, sendeirismo,...). Tamén debemos apro- veitar as sinerxías entre o agrogandeiro e o forestal.
Dende AGACA propoñemos o uso complementario dos parques de maquinaria de cooperativas e Cumas pola gran capacidade de transporte de auga dos tractores e cisternas para prestar apoio aos servizos e dispositivos de loita contra o lume
Dende AGACA propoñemos o uso complementario dos parques de maquinaria de cooperativas e Cu- mas pola gran capacidade de transporte de auga dos tractores e cisternas dos mesmos para prestar apoio e axuda aos servizos e dispositivos de loita contra o lume. Cremos que é unha oportunidade in- tegrar nos dispositivos de loita contra o lume medios humanos e algunha maquinaria das cooperativas, incluso en tarefas de prevención a realizar no outono e inverno.
COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José M. López Tellado. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro Javier Iglesias Sendín. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Dolores Calvo Méndez. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRE- SIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L.TIRADA 7.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamen- te coas opinións e contidos publicados neste número.
No135 - Outubro 2017
editorial

