Page 3 - Demo
P. 3
Constante ameaza de cambios: Brexit, PAC ...Dende hai anos estamos reclamando para o sector agrario a simpli cación real na xestión das políti- cas públicas de apoio —especialmente da Política Agraria Común (PAC)—, e estabilidade para as ex- plotacións directamente afectadas, de xeito que non teñan que estar constantemente interpretando cara onde van as políticas e esixencias da Unión Europea (UE), pero a probable saída de Reino Unido (RU) da UE provoca posibles novos enfoques dunha PAC afectada pola incerteza do Brexit e as ameazas de co nanciamento e redución de axudas.Preocupan as condicións do “divorcio” entre o RU e a UE e a futura relación entre ambos os dous despois do Brexit. RU trasladou aos demais socios da UE o seu desexo claro de querer saír do mercado único, de ter competencias en negociar acordos comerciais con terceiros países, quere saír da unión aduaneira e quere deixar de estar baixo a xurisprudencia do Tribunal de Xustiza da UE. Neste intre é imposible ava- liar todas as consecuencias do Brexit, xa que RU ten máis de 60 millóns de persoas sendo a segunda eco- nomía da UE e un contribuínte neto ao orzamento comunitario.En relación coa PAC sopran ventos fortes cara a un co nanciamento das axudas, coma cos pagos directosEn relación coa PAC sopran ventos fortes de cara a un co nanciamento das axudas, como os pagos directos. Galicia xa procedeu a devolver parte das axudas da PAC xestionadas no Programa de Desen- volvemento Rural (PDR) por imposibilidade de co - nanciamento das mesmas no período anterior.Preocúpanos moito que tamén o co nanciamento sexa tamén aplicado ás axudas como os pagos di- rectos da PAC, por razóns obvias. Pero tamén preocu- pan todas as prácticas e esixencias en materia de medio ambiente e cambio climático que se poidan establecer. Ademais, co Brexit parece que camiña- mos inexorablemente cara a un orzamento con me- nos recursos para a PAC.Dende AGACA reclamamos aumentar as achegas de cada país ao orzamento da UE por encima do 1% actual do produto interior bruto (PIB). Cremos que aPAC é un excelente marco comunitario básico para a produción su ciente de alimentos de calidade, seguros e a prezo sostible. Pero, a PAC non pode tra- ducirse, ano tras ano, en novas esixencias para os agricultores e gandeiros. Necesitamos unha PAC con ferramentas para loitar contra a volatilidade dos mer- cados e para que os agricultores e granxeiros sexan máis resilientes e se produza o relevo xeracional no agro.RU é o quinto destino das exportacións de España. O mercado británico é especialmente importante para algúns produtos como as froitas e hortalizas frescas, o viño, o aceite de oliva e a carne de porco. Están sen avaliar en profundidade os efectos do Brexit nas exportacións e no sector agrogandeiro de Galicia. Nunha visión simple dos efectos do Brexit podemos concluír que pode ser tremendamente duro para Galicia, dependendo do modelo e acordo nal de RU coa UE.Directamente podemos valorar os efectos do Brexit nas exportacións de viños e da carne de porco. Indirectamente, preocupan sobre as exportacións de derivados lácteos de Irlanda a RU, e mesmo os efectos sobre as froitas e hortalizas doutras rexións de EspañaDirectamente podemos valorar os efectos nas ex- portacións de viños e da carne de porco. Pero, in- directamente preocupan os efectos do Brexit sobre as exportacións de derivados lácteos de Irlanda a RU, e mesmo os efectos sobre as froitas e hortalizas doutras rexións de España. O Veto Ruso provocou a caída dos mercados no 2015 e Rusia era un cliente menor da UE e dos produtos galegos. Pero sabemos os efectos que supuxo o Veto Ruso para os gandeiros.Urxe facer un seguimento ao Brexit e a Reforma da PAC, e tratar de valorar e anticipar os efectos a medio prazo sobre o noso agro para poder prepararnos.Urxe facer un seguimento ao Brexit e á Reforma da PAC, e tratar de valorar e anticipar os efectos a medio prazo sobre o noso agro para poder prepararnosCOORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José M. López Tellado. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro Javier Iglesias Sendín. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Dolores Calvo Méndez. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRE- SIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L.TIRADA 7.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamen- te coas opinións e contidos publicados neste número.No134 - Agosto 2017editorial