Page 3 - Demo
P. 3

As cooperativasnos Consellos ReguladoresOs Consellos Reguladores de Denomina- cións de Orixe, ou de Identi cacións Xeo- grá cas Protexidas, son unha ferramenta de promoción de produtos alimentarios de interese territorial ou estratéxico me- diante a participación directa dos axentes económicos afectados. Dende eles, orga- nízanse actuacións de control e certi ca- ción dos produtos acollidos ás distintas  guras de protección da calidade, realíza- se a correspondente promoción e defen- sa da calidade dos devanditos produtos e préstanse servizos de asesoramento.No nacemento da maioría das denomina- cións xeográ cas de calidade xogaron un papel clave as cooperativas, como coñe- cedoras das necesidades dos produtores e das demandas crecentes dos mercados e dos clientes de produtos protexidos. Den- de sempre, as cooperativas céntranse na valorización dos produtos afectados. Dis- poñen dun bo sistema de información en- tre o consumidor/cliente e o produtor, polo que as persoas cooperativistas teñen máis facilidades para producir o que o merca- do demanda.Nos diferentes Consellos Reguladores nos que participaron e participan, as coope- rativas trasladaron a defensa dos intereses de agricultores e gandeiros con transpa- rencia, procurando que as decisións sexan equitativas e solidarias entre os afectados, fomentando sempre a participación dos produtores e demandando o seu corres- pondente compromiso para unha mellora continua dos procesos, dos produtos e dos sistemas de calidade. Dende as coope- rativas sempre se aprecia un esforzo por estabilizar os mercados, como un valor im- portante para os operadores de calquera sector agrogandeiro.No intre en que os produtores se unen co- mercialmente nunha cooperativa están a axudar a reequilibrar o peso negociador entre o produtor e o industrial/comercial transformador, evitando a súa discrimina- ción, dando trazabilidade aos produtos e complementando a actuación dos outros transformadores no correspondente sec- tor. Este labor estratéxico das cooperativas vai acompañado de asesoramento aos produtores (técnico, de xestión, redución de custos....) e de prestación de servizos (maquinaria, poda, agronómicos...).As cooperativas son clave nos Consellos Reguladores e deben participar nos seus órganos por múltiples razóns: porque apos- tan por un funcionamento profesional do mesmo e de máxima e ciencia; porque xa traballan en acadar un maior valor en- gadido para os produtores na cadea de valor do sector e porque son magní cos exemplos de unión da produción e comer- cialización de produtos alimentarios.Outros desexan estar nos Consellos Re- guladores só para tratar de arrimar a as- cua á súa sardiña marxinando ao resto da cadea de valor, ou por  gurar, ou para mostrar o seu peso ante os políticos, ou directamente para facer política... As coo- perativas desexan estar para impulsar o produto e ao conxunto da súa cadea de valor. Niso centran os seus esforzos dentro dos intereses dos seus socios e produto- res. As cooperativas tamén deben manter o compromiso coas boas prácticas para mellorar e ser máis e cientes. Coas coope- rativas nos consellos reguladores benefí- cianse persoas socias e non socias, produ- tos e sectores.COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Maquieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L.TIRADA 7.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No133 - Mayo 2017editorial


































































































   1   2   3   4   5