Page 13 - Demo
P. 13

En canto a cultivos, Alberto Amil, presidente da coo- perativa Horsal, ten unha explotación hortícola que facturou 125.000€ en 2016, con 15.000 m2 e 8.000 m2 ao aire libre. A rma que é imprescindible a xente nova no campo:“A súa formación, profesionalización e mentalidade son distintas que as dos maiores” o que segundo di el, facilita que se adopten mellores estratexias de produción e colocación de produto na cadea.Pola súa banda, Xoan Allegue, vicepresidente da adega cooperativa Martín Códax, favoreceu a xes- tión dos viñedos familiares sobre a súa formación académica como  lólogo, contradicindo, segundo el “a opinión arraigada de que o traballo no campo é para xente sen estudos”. O pasado ano superou os 100.000 euros de facturación.Compromiso co desenvolvemento ruralO presidente de AGACA, José Montes, destacou que cómpre “compartir para aprender” polo que ofreceu a AGACA como “vehículo que tende redes” onde fa- cilitar a aparición de iniciativas empresariais, conse- guir orientación sobre  nanciamento e solicitude de axudas e proxectos de innovación sustentable.Pola súa banda, o director territorial de CaixaBank, Marc Benhamou, mostrou o apoio da entidade á mellora social no rural con iniciativas como a trami- tación da PAC nas sucursais ou a posta en marcha de grupos de desenvolvemento rural.Pola súa banda, Laura Lema, responsable de Nego- cio agrario de CaixaBank en Galicia, expuxo opcións da entidade para o sector agrogandeiro, coma os microcréditos MicroBank. Destacou ademais, as ope- racións de banca e o asesoramento personalizado para profesionais do sector a través de Internet, así como as liñas de fomento á comercialización na13tendenciasRede, axudando á dixitalización dos negocios, pois, a rmou, é “imprescindible dispoñer dese escaparate ao mundo”.Tamén sinalou que “o 50% dos bene cios da entidade se destinan a Obra Social”, permitindo desenvolver programas coma “Incorpórate” ou os di- versos Premios a Emprendedores que convoca.Apoio institucionalDurante a inauguración de “Incorpórate”, Cecilia Vázquez e Belén do Campo, directoras xerais, res- pectivamente, de Xuventude, Participación e Volun- tariado e de Gandaría, Agricultura e Industrias Agro- alimentarias, incidiron no apoio da Xunta de Galicia á xuventude mediante o aumento este ano, dun 3% nos investimentos en programas de apoio á xuven- tude e incentivado laboral. Belén do Campo incidiu na necesidade de que produción, industria e distri- bución formen unha cadea ”ligada” pois “non pode haber xente nova que se incorpore se non atopan quen lles venda o produto”.Pola súa banda, Ángeles Vázquez agradeceu poder oír de primeira man as inquedanzas dos participan- tes e destacou que cómpre equiparar as zonas rurais ás urbanas para  xar poboación e emprego; tamén, acadar unha “renda digna e os mesmos servizos”. Así, recoñeceu a necesidade de mellorar aspectos como as comunicacións, do que se ocupa o Plan de Desenvolvemento Rural cuxos obxectivos para 2020 —lograr 1.200 persoas mozas formadas e incorpora- das en profesións agroalimentarias— “están cumpri- dos nun 50% nun ano”.Rematou cunha mensaxe de forza para as persoas mozas do medio rural: “Se contabilizamos todo, so- mos en Galicia o 97,3% do territorio, co cal ninguén se vai atrever a levarnos a contra.Tede sempre o pés no chan pero crede que sodes imprescindibles para Galicia” .No133 - Mayo 2017


































































































   11   12   13   14   15