Page 3 - Demo
P. 3
Formación e mellora continuaDende hai uns anos asistimos a un progresivo desmantelamento da formación continua e es- pecí ca para os activos laborais, tanto traballa- dores como autónomos. Esta formación estivo, e está, en constante polémica social e política nos últimos anos con motivo de escandalosos fraudes, o que provocou unha forte redución das axudas, conxuntamente con actuacións unilate- rais dos gobernos sobre o destino destes fondos.Non podemos esquecer que a formación, tanto ocupacional como a continua de reciclado dos traballadores é unha materia estratéxica para a competitividade das empresas e dos autóno- mos (agricultores e gandeiros) e mesmo básica na busca de traballo para os desempregados. Ata o de agora, a formación continua foi de- senvolvida no marco dos chamados acordos do diálogo social onde os representantes das cooperativas e das súas persoas socias estive- ron vetados.Estase a consolidar un sistema formativo intervencionista, burocrático, pouco transpa- rente no destino dos fondos e afastado das necesidades das persoas dedicadas á agricultura e á gandería e das súascooperativas e traballadores.Apreciamos que se está a consolidar un sistema de formación de carácter intervencionista, buro- crático, pouco transparente no destino dos fon- dos e moi lonxe das necesidades das persoas dedicadas á agricultura e á gandería e das súas cooperativas e traballadores.Dende mediados do pasado ano, e ao longo de 2016, comprobamos como moitos agricul- tores e gandeiros se ven na obriga de nanciar con fondos propios a reciclaxe e mesmo actua- lización en materias de obrigado cumprimento legal, como sucede por exemplo, co acceso aos carnés de aplicación de tosanitarios. Son as persoas traballadoras, xunto coas empresas, quen nancian o sistema mediante a cotización mensual da cota de Formación Profesional, polo que deben ser consultados.É esencial recuperar os programas de formación intersectoriais como os que se desenvolvían estes anos pasados, con cursos de curta duración.Parece que o debate constante de qué forma- ción é necesaria para o sistema agrario, gandei- ro e rural foi desprazado polo debate de quen debe impartila, que requisitos debe cumprir, que medios debe ter etc., o que produce uns resul- tados pobres se non se teñen en conta as ne- cesidades formativas como criterio fundamental a considerar á hora de aplicar os fondos. Neste senso, cremos que é básico recuperar os progra- mas de formación intersectoriais como os que se desenvolvían estes anos pasados, con cursos de curta duración.Os nosos traballadores, agricultores e gandeiros deben poder ter acceso ás axudas para recibir unha formación espe- cí ca, adaptada ás súas necesidades e non mediante cursos de longa duración non adaptados á súa realidade laboral.Necesitamos que os nosos traballadores, agri- cultores e gandeiros poidan acceder ás axu- das para unha formación especí ca e concreta adaptada ás súas necesidades, e non mediante cursos de longa duración que en nada se adap- tan a súa realidade laboral.Non é grato ver como se teñen que nanciar directamente os fondos destinados a formación coas súas cotizacións mensuais. Sen lugar a dú- bidas o número de agricultores e gandeiros, así como de traballadores que acceden á forma- ción continua descendeu nos últimos anos.Por suposto, consideramos fundamental a co- rrecta aplicación dos fondos públicos de forma- ción pero, tamén consideramos un desequilibrio que mentres os agricultores e gandeiros, coope- rativas e os seus traballadres nada saiban dos plans de formación sectorial, ou de algo polo estilo que os substitúa, cando tanto os necesitan.COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma- quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No130 - Outubro 2016editorial