Page 3 - 147_interactivo.pdf
P. 3

A Crise da Covid-19 Coronavirus
Aproveitando o confinamento no contorno familiar, trasladamos as primeiras impresións e valoracións do enorme impacto desta emerxencia sanitaria, a Crise da Covid-19. Seguro que no intre en que esta revista vexa a luz, novas apreciacións, medicións e valo- racións do impacto da Crise da Covid-19 xa se terán exposto polos expertos. Fai menos dunha semana, ninguén era quen de imaxinar o que agora mesmo nos está acontecendo a nivel sanitario, económico e social. O que sucedía en China (Wuhan), ou mesmo en Italia (Lombardía) parecíanos tan lonxe que eramos incapaces de pensar que algo semellante era posible que sucedera en España e Galicia.
Podemos asegurar que ao final da Crise da Covid-19 o mundo non vai ser igual que antes
A primeira impresión que nos deixa a Crise da Covid-19 é que estamos ante unha emerxencia mundial que non estaba prevista polos gobernos dos grandes países e corporacións económicas e sociais e, por suposto, tampouco o seu impacto nos ámbitos sanitarios, sociais, económicos e agroalimentarios. Por tanto, non existen guías para saír desta Crise. Dende agora, o mundo falará moito da emerxencia sanitaria e, tal vez, menos, por exemplo, da emerxencia climática. Cal vai ser o impacto da Crise da Covid-19? Neste intre é totalmente imposible calcular cal será o seu impacto sanitario, económico e social, pero intuimos que vai cambiar o mundo que coñeciamos ata principios deste mesmo ano 2020. Podemos asegurar que ao final da Crise da Covid-19 o mundo non vai ser igual que antes.
Pese ao impacto incerto, sabemos que van cambiar algúns aspectos do mundo que coñecemos. Entendemos que as claves dos novos tempos virán marcados pola sani- dade e polo benestar da poboación como
prioridade. Moi probablemente esta Crise da Covid-19 poñerá en valor á sociedade no seu conxunto, a importancia do social sobre outros valores e o impulso do comunitario sobre o individual. E falaremos e trataremos de mellorar máis o chamado estado social do benestar. En definitiva, a orde de valores sociais vai sufrir cambios.
Durante os primeiros días da Crise da Covid-19 as cooperativas agroalimentarias galegas elevaron o ritmo produtivo malia teren que cambiar rapidamente os proto- colos de produción para protexer priorita- riamente aos seus traballadores contra a pandemia. Respectando as medidas sani- tarias recentemente establecidas, a activi- dade do sector non cesou co fin de garantir o abastecemento dos produtos nas mellores condicións de calidade e seguridade. Por iso, hoxe, máis que nunca, debemos poñer en valor o traballo de agricultores, gandeiros, cooperativas e o sector agroalimentario no seu conxunto que está a producir con segu- ridade para que toda a poboación poida consumir con plena normalidade.
O valor cooperativo vai saír reforzado
Teñen que suceder catástrofes para poñer en valor o sector primario fronte a uns constantes recortes orzamentarios da Unión Europea e dos gobernos. Que pasaría se non tivésemos alimentos suficientes durante o confinamento destes días? Grazas aos agricultores, gandeiros e á agroindustria esta situación é soportable. Caerá o PIB unha barbaridade, o endebedamento do país medrará a niveis impensables, pero a agricultura, a gandería e a agroindustria continuarán sendo fundamentais na nova sociedade, e facelo de xeito cooperativo resaltará a importancia da nosa comuni- dade na nova sociedade. O valor coopera- tivo vai saír reforzado.
COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán,15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783 CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bou- zón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Carlos Ares Fernández, Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez, María Rey Campos. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José M. López Tellado. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro Javier Iglesias Sendín. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Dolores Calvo Méndez. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRE- SIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L.TIRADA 7.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identifica necesariamen- te coas opinións e contidos publicados neste número.
  No 147 Marzo 2020
 editorial























































































   1   2   3   4   5