Page 49 - Demo
P. 49
49cooperocioCoñécete mellorO país das 1.766 “Galicias”Concurso Relatos“Nunca antes escribira un relato”Visto o éxito da anterior convocatoria, invitámosvos de novo a que poñades en marcha a vosa imaxinación e nos enviedes unha pequena narración inédita, de non máis de 300 palabras contendo a frase: “Nunca antes escribira un relato”.O autor/autora da narración máis destacada por orixi- nalidade, profundidade, temática, etc recibirá como pre- mio unha n de semana nunha casa rural a escoller de entre máis de duascentas opcións que se ofrecen.Non perdades a ocasión de optar a este premio, como xo no seu momento Lucía González co seu apetecible relato “A Negación”, publicado o pasado mes de outu- bro (no no 130 de Cooperación Galega) e que xa ten o regalo nas súas mans.Si queredes ler o relato de Lucía de novo, podedes con- sultalo ollando directamente a revista dende a nosa web www.agaca.coop. O prazo de recepción dos relatos es- tará aberto ata o 15 de febreiro.Enviádeo a revistacooperaciongalega@gmail.com ou á dirección postal de AGACA, Rúa Tomiño 22-Entlo, 157003 Santiago de Compostela (A Coruña).En España hai 139.421 “Gallegos”, só 1.100 “Galegos”, e, máis sorprendentemente aínda, 1.766 “Galicias”. Non é broma. Corrobórao o Instituto Nacional de Estatística. Son as cifras de persoas cos apelidos Galego, Gallego e Galicia.En 12 provincias de España Gallego atópase entre os 50 patronímicos máis comúns, o que quere dicir que hai máis Gallegos e Galegos que os nacidos en Galicia que é onde, curiosamente, menos Gallegos e Galegos hai: en Ourense, con 710 representantes, se considera que Gallego é un apelido frecuente. Galego, en cambio, só consta en 1.100 DNI españois.Madrid e Barcelona, pola súa banda, atesouran 367 e 233 Galicias, respectivamente.Galicia, Galegos, Gallegos

