Page 46 - Demo
P. 46
46novasCaixa Rural doa case cinco toneladas de produtos aos Bancos de AlimentosO Banco de Alimentos de Lugo recibiu 2.311 quilos de comida e o de Ourense 2.373 quilos a través do proxecto Bicicleta Solidaria. A iniciativa puxo tres bicicletas profesionais Fuji Transonic á disposi- ción de calquera persoa que quixese pedalar e duas bicicletas in- fantís conectadas a un vídeoxogo. Cada quilómetro equivale a un quilo de comida doado polas Caixas Rurais ao Banco de Alimen- tos.As citas foron en Lugo,Monforte de Lemos,Ourense e Celanova.O proxecto Bicicleta Solidaria foi posto en marcha, por cuarto ano, pola Federación de Bancos de Alimentos de España, Caixa Rural Galega e Seguros RGA con motivo da celebración da Volta Ciclista a España na que participa o equipo Caja Rural-Seguros RGA.Cobideza comeza a produción de queixos “Dona Cobiña”A nova queixería da cooperativa silledense Cobi- deza arrincou en novembro a produción do queixo “Dona Cobiña”, que se comercializará en diferentes formatos. As instalacións, situadas en Agolada, foron adquiridas por Cobideza a Avega este ano.“Dona Cobiña” leva o selo Arzúa - Ulloa e elabórase con leite expresamente selecionado nas explota- cións socias de Cobideza que practican o pastoreo. Comercializarase nos formatos pequeno, mediano e grande (3 kg) e tamén de tetilla.“Dona Cobiña” fabricará tamén queixos con certi cado ecolóxico.Segundo apunta Román Santalla, presidente da cooperativa, dado que o proxecto se atopa “nunha fase moi inicial, os principais obxectivos son cubrir custos e continuar traballando na ampliación dos puntos de venda”.OVICA Asociación de Criadores de Ovino e Caprinode Galicia, gaña o premio da Fundación AresaA Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia, OVICA, gañou o premio Aresa de Desenvolvemento rural deste ano, dotado con 10.000 euros.Fundación Aresa e a Universidade de Santiago premiaron a actividade que vén desenvolven- do OVICA dende 1994 e a posta en marcha dunha aplicación que garanta a rastrexabili- dade e o bo manexo dos animais.OVICA está formada por 180 gandeiros que su- man arredor de 43.000 ovellas e 2.000 cabras. Os animais están en réxime extensivo, críanse ao xeito natural. Supoñen o 20% do censo de ovino e caprino de Galicia.Os obxectivos da Asociación a medio prazo inclúen a intención de increntar o número de cabezas ao tempo que consiguen facerse un oco no mercado do leite.

