Page 3 - Demo
P. 3
Cooperativas, Patrimonio Cultural da HumanidadeAs cooperativas, a súa idea e a práctica dos intereses comúns organizados en cooperativas, foron incluídas na Lista Representativa do Patri- monio Cultural Inmaterial da Humanidade. A decisión foi adoptada polo Comité Intergober- namental para a Salvagarda do Patrimonio Cul- tural Inmaterial, celebrado o 2 de decembro, na cidade de Adis Abeba en Etiopía.A Convención para a Salvagarda do Patrimo- nio Cultural Inmaterial é o instrumento xurídico internacional que dende 1992 trata de dar res- posta ás posibles ameazas sobre o patrimonio derivadas dos procesos de globalización e das transformacións sociais que continuamente es- tamos a vivir.A importancia deste recoñecemento, Patrimo- nio Cultural Inmaterial, non estriba na mani- festación cultural en si, senón no valor social e económico desta transmisión de coñecementos que é pertinente para os grupos sociais tan- to minoritarios como maioritarios dun Estado.Que caracteriza ao movemento cooperativo para solicitar o seu ingreso no listado de bens culturais inmateriais da UNESCO?Que caracteriza ao movemento cooperati- vo para solicitar o seu ingreso no listado de bens culturais inmateriais da UNESCO? Valo- res como o respecto mutuo, a igualdade e a solidariedade, tal vez máis presentes nes- tes días de festas do Nadal pero esquecidos tan pronto, en canto se desmontan as luces das rúas. Son símbolos do noso pasado, do noso presente e, agardemos, do noso futuro.En Europa, 140 millóns de persoas son membros de cooperativas. En todo o mundo, alcanzan os 800.000.000 de persoas. É altamente improbable que calquera de nós non coñeza, como mínimo, a dúas persoas vinculadas a algunha cooperati- va. A pouco que se pense, o cooperativismo non é alleo a ninguén aínda que, no noso país, non teña acadado o status que lle corresponde.Esta iniciativa supón un escaparate para un mo- vemento que deberiamos aproveitar polas gran- des vantaxes, non só persoais e sociais, senón tamén de carácter económico que achega. Nos países en desenvolvemento e nos países desen- volvidos as cooperativas agrarias, educativas, téxtiles, gandeiras, enerxéticas, vivenda, ocio... representan unha oportunidade de avance, de mellora, que repercute en todos os ámbitos, xe- rando oportunidades de emprego e calidade de vida.Hai espazo para as cooperativas en calquera sector, en calquera fase da nosa vidadende que nacemos ata que nos facemos maioresHai espazo para as cooperativas en calquera sector, en calquera fase da nosa vida dende que nacemos ata que nos facemos maiores.En xeral, formar parte dunha cooperativa impli- ca educación na colaboración, no traballo en equipo, no esforzo conxunto; supón un xeito de traballar máis seguro, máis respectuoso coas necesidades familiares e as profesionais; unha alimentación máis próxima e de mellor calidade, un acceso á vivenda máis económico; á cultura; oportunidades de ocio; de emprendemento; de sentirse parte dun grupo; de mitigar soidades e preocupacións cando a un lle vai quedando a mocidade máis lonxe...COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma- quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.Sinxelamente,unha sociedade organizada é unha sociedade e ciente.Unha sociedade educada é unha sociedade tolerante.Unha sociedade comprometida é unha sociedade con futuro.Unha sociedade sen cooperativas non sería sociedade.No131 - Decembro 2016editorial

