Page 7 - Demo
P. 7
O lanzamento dos Crema Bombón 0 % e do Sen Lactosa, permitíronnos alcanzar un lidera- do claro no segmento dos xeli cados dentro do mercado dos iogures e sobremesas. Os últi- mos datos publicados pola consultora líder no mercado do gran consumo, IRI, con rman que unha de cada dúas sobremesas destas ca- racterísticas vendidas en Galicia é da familia Crema Bombón de Clesa; é dicir, unha cota do 50 %. Este liderado, cun crecemento do produ- to do 80 % a nivel nacional permitiunos liderar tamén este segmento na distribución nacional, especialmente na área dos hiper.Houbo cambios na estratexia de empresa?A estratexia e o eixo de actuación seguen a ser os mesmos dende que empezamos: calidade, innovación e responsabilidade social son pia- res fundamentais do noso modelo. O ano 2012 arrancou dende cero, así que os resultados co- mezaron a verse xa dende 2013, ao comezar a traballar forte sobre a marca; dende entón, ningunha liña deixou de medrar. Actualmente hai na empresa un total de 74 traballadores de xeito directo.7a fondoCrecer é pensar nos consumidores, arriscarse e innovarEn 2012,a marca Clesa contaba con 28 referen- cias, hoxe son 48. O noso ritmo de innovación e desenvolvemento de produtos vai moi por riba do normal para unha empresa do noso tama- ño e coas nosas capacidades produtivas, pero pensar nos consumidores, arriscarse e innovar é o camiño do crecemento e da mellora diaria.Que novidades se prevén?Estamos potenciando a comunicación e o desenvolvemento de produtos. En marzo lan- zamos unha extensión do crema bombón ao chocolate branco, rompendo conceptos e di- rixíndonos ao público infantil cunha nova liña, KIDS, sen lactosa e con reducións importantes no azucre engadido.Tamén promovemos unha gama de produtos innovadora no mercado europeo: as xelatinasO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo cos representantes das cooperativas integra- das en ACOLAT, en 2012No129 - AGOSTO 2016