Page 3 - Demo
P. 3
Tratados internacionaisde comercio agroalimentarioNon cabe dúbida de que o noso sector agroalimentario ten clara vocación exte- rior, máis aló das fronteiras galegas. Aproxi- madamente o 80% do leite comercialízase fóra de Galicia e case un 100%, no resto de España; o viño exporta fóra da Unión Euro- pea (UE) unha porcentaxe signi cada da súa produción; os subsectores de coellos, de porcino e de aves xa teñen alcanzado unha porcentaxe importante de vendas ao exterior, fundamentalmente á UE, pero tamén fóra dela (xamóns, especialmente).Os destinos a terceiros países non perten- centes á UE tenden a medrar e supoñen unha oportunidade, pois regulan o merca- do interno e axudan a loitar contra a vola- tilidade dos prezos; lamentablemente son mercados cheos de obstáculos.Vender a terceiros países é sostible se hai un marco regulamentario transparente e un tratamento recíproco entre as diferen- tes producións que compitan no mercado. Neste senso, estanse implantando por todo o mundo convenios entre bloques de paí- ses de diferentes continentes que exceden os acordos de libre comercio, incluíndo in- vestimentos e colaboracións regulamenta- rias. Os obstáculos non son só as barreiras arancelarias, senón tamén as non comer- ciais, aplicadas arbitrariamente pechando os mercados.Na UE temos o noso modelo produtivo am- parado en cuestións ambientais, regras res- tritivas no uso de OGM (Organismos Xene- ticamente Modi cados), benestar animal, eliminación de determinados promotores do crecemento na gandería e outras limi- tacións.O principio xeral en materia de comercio debería asegurar o mesmo trato e condi- cións ás importacións e á produción local. A UE debería aproveitar a forza da unión e a dimensión do seu mercado no intre de negociar; é o maior mercado agroalimen- tario mundial, pero é unha para as importa- cións e vinte e oito para as exportacións a países terceiros, xa que apenas hai coordi- nación na acción comercial exterior.O mercado de Estados Unidos supón unha gran oportunidade para certos produtos galegos coma o viño (onde xa ten unha presenza sólida), cárnicos transformados e produtos de alto valor engadido (estes con escasa representación) pero, en xe- ral, o sector gandeiro verase afectado po- las importacións: carnes sen transformar, conxeladas... Por iso, deberían contemplar- se cláusulas para os produtos gandeiros máis sensibles e respectar os modelos pro- dutivos de cada parte, incluíndo o acata- mento e a defensa do sistema europeo de denominacións de orixe.O inicio das negociacións con outros blo- ques de países pode engadir maiores complicacións como é o caso de Merco- sur, Nova Zelandia ou Australia —cun mo- delo produtivo moito máis competitivo en custos de produción e regulamentarios fronte aos da UE—, polo que tamén afecta- ría principalmente, de xeito directo, á nosa gandería.Avanzar nestes acordos sen ana- lizar o dano potencial ou o desequilibrio que provocarían nas producións sería alta- mente insensato.Agardemos que os gobernantes non o per- mitan.COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma- quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No128 - MAIO 2016editorial

