Page 22 - Demo
P. 22
22caderno técnicoO cadro amosa a herdabilidade dos caracteres funcionais incluíndo a fa- cilidade de parto e a velocidade de muxido, caracteres que non se consi- deran na fórmula do ICO. Como refe- rencia, a herdabilidade dos quilos de leite, graxa e proteína é de 0,28, cifra sensiblemente máis alta que a dos ca- racteres funcionais.Por outra banda, os valores xenéticos dos caracteres funcionais teñen unha baixa abilidade con relación aos dos caracteres de produción (cantidade e calidade do leite) ou morfolóxicos (tipo), o que mingua igualmente a efectividade do índice de selección. É dicir, a estimación do valor xenético da lonxevidade e dos días abertos é menos precisa. Isto leva a un maiordesvío á hora de seleccionar os mello- res animais para estes caracteres.Fiabilidade media dos valores xenéticos das vacas (de 0 a 100, sendo 100 o valor máximo)Estas particularidades dos caracte- res funcionais (baixa herdabilidade e baixa abilidade dos valores xenéticos que se calculan) condicionan, a nivel mundial, a selección das mellores va- cas.As probas xenómicas que permiten unha estimación máis precisa do va- lor xenético a partir dunha mostra de ADN do animal farán que a mellora xenética dos caracteres funcionais re- ciba un pulo importante nos próximos anos.Cabe esperar o abaratamento destas análises para que poidan ser accesi- bles para a maioría dos gandeiros, ser- víndose así dunha ferramenta moi im- portante para mellorar xeneticamente o rabaño.Como xa indicabamos, os índices xe- néticos de cada país orientan a me- llora xenética tendo en conta as ca- racterísticas propias do seu mercado, atribuíndo a cada carácter un peso relativo, en función da súa importan- cia económica e das preferencias dos gandeiros.Tras expoñer uns obxectivos de selec- ción, deséñanse os índices xenéticos, dándolle máis peso aos caracteres que se pretende mellorar con maior intensidade.É fundamental que o gandeiro confíe nestas ferramentas de mellora a n deProdución34,6Tipo34Días abertos28,4Lonxevidade19,3Reconto celular34,3

