Page 18 - Demo
P. 18
18tendenciasNace AGATEM, Asociación Galega de Técnicos de Equipos de MuxidoO 17 de decembro aprobáronse os estatu- tos da Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido – AGATEM, cuxa Acta de Constitución foi asinada en xaneiro polos 60 socios fundadores.A entidade está integrada por técnicos de con- trol de muxido de Galicia: persoal técnico au- torizado pola Consellería do Medio Rural para realizar controis e revisións de equipamentos de muxidura e tanques de frío.Defensa do sectorEntre os obxectivos de AGATEM recollidos nos estatutos, atópase a propiciación do desen- volvemento sanitario e económico do sector gandeiro.Defenderá a integración e a coordinación dos técnicos de control de muxido no seu ámbito profesional e territorial e contribuirá na forma- ción empresarial dos seus membros.AGATEM representa e defende os intereses comúns, profesionais e económicos dos asociados diante da sociedade e das Administracións AutonómicasCo obxectivo de mellorar o desenvolvemento de prácticas correctas para a produción lác- tea, a Asociación colaborará coa Administra- ción nos campos de sistemas de manexo desistemas de control. Paralelamente, participará e contará tamén coa Administración naquelas actividades que propicien o desenvolvemento do sector lácteo.Segundo expresan os estatutos, a Asociación promove as actuacións colectivas e baixo directrices de nidas como xeito de acadar obxectivos. Así, analizará e estudará os proble- mas de carácter xenérico e común aos téc- nicos de control de muxido, adoptando solu- cións e establecendo liñas de actuación para os asociados de forma conxunta.Con respecto ás persoas asociadas, AGATEM ten como unha das súas prioridades o seu asesoramento, polo que se establecerán reu- nións periódicas para divulgar, intercambiar in- formación e estudar problemas e incidencias do seu interese.AvanceA Asociación Galega de Técnicos de Equipos de Muxido promove o avance nos métodos e técnicas de xestión da empresa, particular- mente mediante a realización e difusión da in- vestigación, a organización e funcionamento dos oportunos medios de formación e informa- ción e o establecemento de acordos, colabo- racións, convenios e, en xeral, calquera servizo ou actividade complementaria para o cumpri- mento dos seus ns.A Xunta Directiva da Asociación foi elixida o pasado mes de decembro, durante unha xun- tanza que reuniu aos primeiros 42 asociados que puxeron en marcha o proxecto, cifra que foi medrando ata os 60 membros actuais.A Xunta Directiva está formada por cinco mem- bros e presidida por Andrés Mejuto, quen ani- ma a novas incorporacións: “Asociarse pode servir para mellorar as condicións do persoal técnico individualmente pero tamén como co- lectivo, o que bene ciará ao sector”.

