Page 3 - Demo
P. 3
Homes e mulleres, mulleres e homes, en igualdadeA través dos datos provenientes do XVIII Informe sobre a xestión e o estado do cooperativismo agroalimentario en Ga- licia, elaborado anualmente por Agaca, e do Observatorio Socioeconómico do Cooperativismo Agro-alimentario Espa- ñol, compróbase que a participación das mulleres nos órganos representativos e de decisión das cooperativas segue sendo moi baixa con respecto á presen- za masculina. En Galicia, só o 12% dos postos integrantes dos consellos reitores e, soamente, o 3% dos cargos presiden- ciais están ocupados por mulleres, a pe- sar de que estas conforman case o 50% das súas persoas asociadas.A actividade económica e empresarial das cooperativas debe dotarse de ele- mentos de competitividade para sobre- vivir e, por suposto, medrar no actual contorno económico, caracterizado por enormes e continuos cambios. Apostar por fomentar a diversidade de xénero da empresa é un signo de anticipación e de modernidade na cultura empresa- rial, así como un factor de rendibilidade. Polo tanto, débese considerar o tema de xénero desde unha perspectiva de me- llora da competitividade empresarial no sector agroalimentario.Un incremento, cualitativo e cuantitativo, da participación da muller no cooperati- vismo agroalimentario constitúe un fac- tor clave para ampliar a base produtiva, xerar diversidade, favorecer o relevo xera- cional e, sobre todo, optimizar o talento dispoñible no medio rural galego (o ta- lento de case a metade das persoas so-cias das cooperativas agroalimentarias galegas).En AGACA afrontamos este reto levando a cabo diversas accións nas cooperati- vas agroalimentarias de Galicia, centrán- donos nas problemáticas ás que se en- frontan as nosas mulleres no ámbito rural. Porén, pensamos que é necesario conxu- gar tres esferas:Ámbito da cooperativa. Unha coopera- tiva nace para solucionar as necesida- des das persoas socias. Seguindo este razoamento, tamén debe intentar satisfa- cer as demandas que se produzan neste ámbito: formación, novos servizos, etc.Ámbito persoal. As socias das coopera- tivas deben de ser conscientes da súa gran valía, profesional e persoal. Para iso debemos traballar sobre o empodera- mento e a con anza (exemplo: xornadas “Atrévete contigo mesma”, desenvolvi- das por AGACA e Obra social “La Caixa”, en colaboración con distintas cooperati- vas agroalimentarias galegas).Ámbito familiar. Aquí sitúase o punto fun- damental: a corresponsabilidade das tarefas no fogar, para eliminar o estereo- tipo do papel da muller vinculado á vida doméstica (tarefas do fogar e coidado de persoas dependentes, tanto maiores como menores).Todo será ine caz sen un compromiso por ambas partes: homes e mulleres, mulleres e homes, en igualdade.COORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma- quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No126 - DECEMBRO 2015editorial