Page 27 - Demo
P. 27
38garantía xuvenilUn novo rural emprendedor“Buscabamos calidade de vida e o máximo de tempo para estar coas nosas familias”Sonia, Natalia e Óscar son tres dos dez socios que, en 2013, apostaron por poñer en marcha unha cooperati- va dedicada á castaña. Amarelante S. Coop. Galega está integrada por cinco familias que, no seu día, de- cidiron explotar os soutos abandonados da súa zona, Manzaneda (Ourense).Cando comezaron, a metade dos integrantes non alcanzaba os 30 anos de idade. O seu obxectivo era manter unha certa calidade de vida apostando polo medio rural e o medio ambiente, unha activi- dade que lles permitira pasar coas súas familias o maior tempo posible. Por iso pensaron que a fórmu- la cooperativa era unha das máis xustas para todos.“Optamos pola fórmula cooperativa porque nos pareceu xusta, acadando igualdade para todos”En principio optaron por coller castañas e vendelas frescas. O primeiro investimento que xeron foi a com- pra e acondicionamento dunha nave, despois unha clasi cadora con secadoiro e unha peladora.Tras a venda en fresco, o seguinte paso será elabo- rar fariña de castaña, apreciada en repostería e axeitada para celíacosAgora, a idea é secar as castañas para, no futuro, ela- borar fariña “moi apreciada en repostería e axeitada para celíacos e xente con problemas co glute”.“Ensamblamos ben co cooperativismo, non só ten en conta o diñeiro”Diego, Álvaro e Adolfo, de Ribadavia (Ourense), des- xeron o camiño andado polos seus pais. Mentres aqueles deixaban o pobo para asentarse na cidade, os llos soñaban con “acadar o plus que, estabamos convencidos, tiña o noso lugar de orixe”.“Des xemos o camiño andado polos nosos pais, deixamos a cidade para volver ao campo”En 2005, uns mozos roldando os vinte anos, moi ilu- sionados, iniciaban un traxecto difícil, constituír a coo- perativa Cume do Avia. Comezaban, dende cero, a plantar viñedos para acadar, dez anos despois un viño ecolóxico, de calidade, incluído na DO Ribeiro.“Estabamos convencidos de que podíamos extraer o mellor das nosas terras. Agora estamos no punto de demostrar que tiñamos razón coa calidade dosnosos viños ecolóxicos ”Agora é cando, por n, están acadando o éxito co seu proxecto de producir, elaborar e vender viño: “Agora estamos no punto de demostrar que tiñamos razón”.“Identi cámonos moi ben co cooperativismo, coinci- de co noso xeito de ser e traballar ”Escolleron a fórmula empresarial cooperativa porque “é a que máis se adapta á nosa forma de ser, a cómo estamos habituados a traballar. Non só ten en conta os cartos, ten en conta outros aspectos cos que tamén nos identi camos nós”.