Page 19 - Demo
P. 19

20tendenciasHéctor Cajaraville, catro anos xornalistaen AGACA, gaña o Premio Xerais de Novela2015Xa pasaron dez anos dende que o compostelán, Héctor Cajaraville exercera como xornalista responsable de Prensa de AGACA e coordinador da revista Cooperación Galega.Toda unha década que lle deu para desenvolver experiencias noutros ámbitos profesionais, non sempre da man do xornalismo aínda que sempre vinculados ás letras e ao idioma galego do que é un apaixonado, como perfectamente pode aprezarse en “De remate”, a súa pri- meira novela que, aínda sendo a primeira, desprende tan- ta calidade que o xurado do Premio non puido resistirse.É de xustiza recoñecer as cualidades tanto profesionais como humanas deste escritor que, durante os catro anos que estivo difundindo os valores do cooperativismo, realizando repor- taxes en lugares que talvez nunca tería coñeci-do, como el mesmo recoñece, só deixaba tras de si, entre os que tiveron a sorte de relacionar- se con el, un agarimoso recordo de alguén tan xenial como humilde.Algún día escribirei unha novela que teña presente toda a miña vivencia con AGACA e coas cooperativas do rural“De remate” é unha novela que sorprende pola súa orixinalidade e coñecemento dos costu- mes e tradicións galegas; divertida e profunda a un tempo, da que todo lector pode sentirse un pouco dono en canto que, como o propio autor asume, as valoracións que está a recibir do seu libro son tantas como lectores.Dende AGACA e en nome das cooperativas desexámoslle a mellor das sortes con toda a obra que está por vir. Iso si, de momento, non temos que agardar demasiado, xa que antes da primavera publicará dous libros máis: “Vi- das cruzadas”, unha novela dirixida a un públi- co xuvenil e un conto dirixido aos máis peque- nos que, seguro, vai sorprender.


































































































   17   18   19   20   21