Page 3 - Demo
P. 3

Un Mercado de oferta láctea segmentadoOs expertos —tamén os anticooperati- vos— responsabilizan á excesiva atomi- zación da oferta láctea de Galicia da mala situación dos mercados leiteiros e da súa dura incidencia nos gandeiros galegos.Isto non sucedería de existir unha axei- tada organización, cooperación e estruturación entre os operadores co- mercializadores de leite a granel, pero só sucederá se se fomenta. Basta con apreciar a escasa coordinación mes- mo entre as cooperativas do sector, con máis hábito de cooperar que o resto de operadores.De Galicia saen inxentes cantidades de leite sen transformar cara ás fábricas do resto da Península. Nin as leis do libre mercado nin o impulso dos empresa- rios lácteos galegos bastaron para que Galicia xerase un valor engadido seme- llante ao leite producido.Esta debilidade brutal da nosa indus- tria transformadora fai máis necesaria a comercialización organizada do leite a granel, pero cando a demanda su- pera á oferta, numerosos intermediarios e produtores ven a oportunidade de especular, forzando a suba de prezos e chegando a ameazar á Industria co desabastecemento.Cando a oferta supera á demanda, a Industria aproveita para facer du- ros axustes a primeiros compradores e gandeiros, tratando por igual a especu- ladores e a profesionais (moitos destes, cooperativas).A atomización afecta tamén aos pri- meiros compradores privados, non ofrece valor ao sector e non favorece o reequilibrio de poder entre gandeiros e Industria.A Comisión Nacional dos Mer- cados e da Competencia só ten entre os seus obxectivos prezos baratos para os alimen- tos, obviando o resto de malas prácticas de competencia. A distribución campa no merca- do marcando prezos, con moi- to máis poder que o resto dos membros da cadea; non se in- tegra na Interprofesional, Inlac nin sente a obriga de fomentar un consumo preferente dos pro- dutos estataisA industria láctea de España non con- segue desprazar, con derivados lácteos propios, aos importados (especialmen- te queixos), xera escaso valor engadido e tampouco aborda o mercado inter- nacional por falta de subministración constante e volume su ciente de leite cru.A Gran Distribución, moi concentrada, utiliza o leite como produto reclamo sen pudor, como tamén sucede puntual- mente coa carne de polo, as leitugas ou o pemento tipo padrón, con prezos de venda a perdas.As administracións e os prin- cipais partidos políticos acer- tarían tomando en serio a ne- cesidade de promover —con criterios profesionais, non políti- cos— a concentración da oferta dos produtos agroalimentarios, discriminando positivamente as axudas aos produtores que aposten por un mercado orde- nado e freando as actividades especulativas de intermediarios e dalgunhas industriasCOORDINACIÓN Rosa Vázquez Segade. REDACCIÓN, ADMINISTRACIÓN E PUBLICIDADE AGACA Rúa Tomiño, 22 Entre- chán, 15703 Santiago de Compostela (A CORUÑA) T: 981 584 783, CONSELLO DE REDACCIÓN Higinio Mougán Bouzón, Rosa Vázquez Segade, Mario Fdez. Redondo, Loli Couso Costa, Tomás Gómez Vázquez, Carlos Ares Fernández., Ruth Rodríguez Ferreiros, David Vila López, Esperanza Otero Pérez. CONSELLO REITOR AGACA Presidente José S. Montes Pérez. Vicepresidente José Ramalleira Vázquez. Secretario Emilio Rodríguez Felipe. Tesoureiro M. Carlos Gómez Díez. Vogais Rafael Tejeda Vázquez, Alberto Amil Chaves, Javier Iglesias Sendín, Albino López Rodríguez, Ramón Barral Ma- quieira. Xerente Higinio Mougán Bouzón IMPRESIÓN GRÁFICAS GARABAL, S.L. TIRADA 10.000 exemplares Dep. Legal: C-752/90 AGACA non se identi ca necesariamente coas opinións e contidos publicados neste número.No124 - AGOSTO 2015editorial


































































































   1   2   3   4   5